6 jul 2014

ESTUDOS DOS ANDARINS

 

Animais que están a desaparecer


Aves





As aves, eses animais que co seu canto e colorido alégranos os paseos 
 polos campos e xardíns.
A intención deste traballo non so é a de mencionar os animais que teñen grave perigo de desaparecer, se non tamén, a de chamar a atención deses outros que cada dia e por diferentes motivos están a verse en menor numero que hai uns anos. Pola contra están a aparecer outras especies que antes non eran moi comúns por estas latitudes, benvidos sexan pero sen esquecernos das aves que levan cos nos moitas xeracións.
Por poñer un exemplo, as andoriñas que aínda que volvan en cantidade, non hai moito tempo eran mais abundantes e podíanse ver mais niños pegados nas casas. Algunhas persoas arrepíntense de ter tirado cos niños, e agora escoitase iso de ... “que magoa, aínda que ensuciaban agora xa non veñen a facer o niño eses paxaros que criaban no patio polo verán, coa de crías que de aí saíron”, non valoramos o que temos ate que o perdemos.
Neste traballo non están tódalas aves que deberían, pensouse coa idea de dar un toque de atención sobre o problema, e non de mencionar un por un tódolos animais que están en perigo.
Escolléronse so algunhas especies. Gustaríanos que eses nenos que nacen hoxe dentro duns cantos anos poidan ver e escoitar o que nos escoitamos e vimos na natureza, e non só os vexan en fotos. Esperemos que non sexa tarde para moitas destas especies.



Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro da Asociación 

Andaríns do Val do Lérez.




Andoriña común


Golondrina común
 Hirundo rustica


Descrición: Ave delicada, grácil e aerodinámica, de cor negra con reflexos azuis metálicos por riba e brancos crema na parte inferior. Ten a fronte e gorxa vermella e un colar negro. As ás, longas e en punta. A cola, moi longa e gallada, é de cor negra, con pequenos círculos brancos cando a estende. Posúe patas curtas sen emplumar, boca moi ancha, e pico curto plano e negro. Lonxitude (18 cm), envergadura (33 cm).

Canto agradable, con unha apresurada mestura de trinos durante o voo. Soe cazar en voo a baixa altura e pendurarse nos cables.
Niños: Adoita nidificar en construcións tanto campestres coma urbanas, como cortes, patios, terrazas, aleiros ou beirados das vivendas. Utilizando tódolos anos o mesmo lugar para nidificar. De feito hai uns poucos anos podíanse ver en moitas casas as súas construción que foron pouco a pouco destruídas.
Os niños son construcións de barro en forma de cunca aberta.

Alimentación: Dieta insectívora, composta por gran numero de moscas e mosquitos, tamén caza formigas voadoras, avespas, chinches e pequenos escaravellos. A captura faina en voos acrobáticos de persecución, ás veces en pequenos grupos, a baixa altura e non lonxe do niño.

Ameazas: Aínda que non é unha especie ameazada si se esta a notar unha diminución de parellas entre nós. Os principais problemas que están a padecer as andoriñas son o uso indiscriminado de plaguicidas, que reducen a cantidade de insectos, dos que se alimentan; a eliminación deliberada de niños coa escusa de que ensucian e a dificultade para nidificar en novas construcións rurais, tamén o abandono do espazo rural, coa conseguinte ruína de moitas edificacións.
Aparece como "De especial interés " no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas.
Esta ave e migradora e estival pasando o inverno no golfo de guinea, volvendo entre nós polo mes de abril.







Avenoiteira cincenta
Caprimulgus europaeus

Chotacabras gris

Descrición: A avenoiteira cincenta e unha ave de hábitos crepusculares e nocturnos, excelente cazadora de insectos voadores nocturnos.
Con unha lonxitude de (24-28 cm) e unha envergadura de (52-59 cm).
Ave que polo colorido da súa plumaxe e moi difícil de ver, xa estea pousada nunha pola ou no chan. Aínda que pasemos preto dela, quedase no chan pasando desapercibida.
Hábitat: A avenoiteira cincenta prefire zonas abertas con arborado disperso ou bordos de bosques, piñeirais e soutos sempre que non sexan moi pechados.
Alimentación: A súa dieta componse principalmente de insectos nocturnos como avelaíñas e escaravellos que captura durante o voo, que parece errático e planeando coas ás en forma de “V” ou lanzándose dende unha pola. Ten unha boca moi grande, e con vibrisas ou bigotes nos lados, que leva completamente aberta durante o voo, capturando así as súas presas.
Ave migradora, que pasa o inverno en latitudes tropicais africanas, aparecendo entre nós no mes de abril.
Canto: O canto un característico“errrr-rrrurrr-errrr”,acompañado de palmadas que fai coas ás, que teñen un longo alcance, e de longa duración.
Como principais causas do seu declive cítase a degradación do hábitat, incendios forestais e a utilización excesiva de praguicidas, tamén os atropelos xa que esta ave gusta de pousarse nas estradas e pistas que atravesan en gran cantidade os nosos montes.
Aparece no catalogo nacional de especies ameazadas como “de especial interés”.





Bubela
Upupa epops

Abubilla

Descrición: Ave inconfundible, de cor ocre polo peteiro, ventre ea meta do dorso . As ás con un debuxo de barras negras e brancas, moi rechamante.
Cunha lonxitude de (27 cm), envergadura de (44-48 cm).
A bubela luce unha vistosa crista, de cor ocre e as puntas negras, que estende cando se pousa ou esta inqueda e tamén durante o apareamento. Ten o pico longo e algo curvado cara abaixo e unha cola ampla e negra, atravesada por unha franxa branca.
O voo, faino de forma irregular e describe lixeiras ondulacións na súa traxectoria.
Canto: O canto e un inconfundible”up-pu-pu-pu”, grave e de longo alcance, repetido varias veces.
Hábitat: mostra preferencia por bosques abertos, onde aniña en ocos de árbores, buratos nas paredes e mesmo en caixas niño. Os seus niños adoitan cheirar mal por mor dunha secreción que empregan en forma de defensa tanto os adultos coma as crías ao detectar perigo.
Alimentación: Aliméntase de vermes, miñocas e insectos que atrapa co seu longo peteiro polo chan.
Trátase dunha ave migradora e estival.
Ameazas: A súa principal ameaza  está na redución de buratos naturais onde poder aniñar debido aos incendios e a unha mala xestión do monte, tamén inflúe moito o uso de insecticidas químicos que diminúe o numero de insectos dos que se alimenta.
No catalogo nacional de especies ameazadas aparece coa categoría”de especial interés”.





Cuco
Cuculus canorus

Cuco común

Descrición: Ave tímida, polo que resulta complicado obsérvala, aínda que a súa presenza delátao o seu característico canto, o famoso “cuu-cu, cuu-cu”que repite en sesións longas.
Ten lonxitude de (32-36 cm) e unha envergadura de (54-60 cm).
Os adultos son de cor gris menos no peteiro e na parte ventral, que teñen un barrado gris escuro. A cola longa, de cor cincento e os treitos finais mais escuros. As femias poden lucir dous tipos de plumaxe , un moi parecido o macho, e outro rubio aínda que non e tan común como o outro.
Hábitat: Acostuma a ocupar tódalas clases de bosques sen diferenza, aínda que adoita a preferir zonas húmidas con abundante vexetación palustre onde habitan varias das aves as que acostuma “parasitar” con mais frecuencia.
Alimentación: Adoita ter unha alimentación insectívora, baseada no consumo de larvas de diferentes bolboretas, tamén consume escaravellos, saltóns, grilos, lombrigas.
Niño: Cando se fala de parasitar e pola estratexia que utiliza o cuco, que consiste en depositar os seus ovos dentro dun niño de outra especie, a cal se encargara da incubación, coidado e alimentación da cría do cuco. A eclosión dos ovos do cuco soe anticiparse varios días a dos polos lexítimos, o que permite a cría de cuco votalos fora do niño, co cal se asegura de ter a comida en exclusiva para el. A este sistema de cría chámaselle nidoparasitismo.
Ave migradora e estival, que soe regresar polo mes de abril.
Ameazas: Debido o seu peculiar sistema de cría, non ten moitas ameazas, agás os insecticidas e os incendios forestais.
Incluída no catálogo nacional de especies ameazadas coa categoría “de especial interés”.



ESTE E OUTROS ESTUDOS PODEDELOS DESCARGAR NO NOSO APARTADO "ESTUDOS E DOCUMENTOS"

















No hay comentarios:

Publicar un comentario