8 jul. 2010

XXIII TRAVESIA DA COSTA NAVIEGA

O 20 de xuño celebrouse no concello Asturiano de Navia unha nova edicion da sua tradicional "Travesia de la costa naviega"  e con esta xa van XXIII edicións.
Por tercer ano consecutivo os Andarins desprazamonos ata ali para participar no evento organizado polo clube "Peña Furada"
O sabado saimos pola tarde cara o pobo asturiano de "Valdepares" donde chegamos sobre as 20:00h e instalamonos no fermoso camping "Agrandella".
Dende ali acercamonos camiñando ata "Cabo Blanco" para ver a atardecer sobre a rasa costeira e a bravo cantabrico traballando na escultura dos cantis.

Xa de volta no camping ,compartimos cea e charla.
















    Domingo tocou levantarse cedo e ir ata Navia para   coller o bus que nos levou ata o inicio da marcha na praia de Barayo                                                                           

Despois da foto de familia  comezamos a camiñar xunto cos outros 1000 e pico participantes formando
unha serpe de cores que se despraza paseniñamente festoneando a beira dos mais fermosos cantis da costa
naviega.  Chegamos ata a vila mariñeira de "Puertu de Vega" onde tentamos escanciar unhas sidrinas ,con mais ou menos exito¨, para coller forzas e continuar ata a praia de Frexulfe para comer e descansar un bo rato.
Despoi do descanso e un par de rampiñas sorpresa ( so para os novos) por fin atopamos co motivo de que tanta xente estivera camiñando por ali. Atopamos os da organizacion esperandonos cunha sangria deliciosa que nos deu forza para continuar ata a cercana praia de Navia fin da ruta.
Pra rematar baile e baño na praia . Despedimonos dos amigos asturianos prometendo voltar para a proxima edición.



4 jul. 2010

PONLLE NOME

               PONLLE NOME
O pasado domingo dia 27 de xuño Vaipolorio comenzou  a campaña de limpeza 2010  facendo unha intervención  " Artistica" coa basura recollida nun so dia de limpeza no tramo urban do rio dos Gafos
Tan so resta porlle nome e ti podes facelo e ademais gañar un agasallo

so tes que mandar unha mensaxe o nº
676842942 antes do 25 de xullo
cun maximo de tres palabras.