26 ago. 2010

NAVEGANDO POLO MIÑO

O proximo domingo dia 29 de agosto do 2010 os Andarins imos navegar polo pai Miño .
Sairemos de Pontevedra as 8:30h para viaxar ata o encoro
de Belesar


Embarcaremos no pantalán do pobo de Belesar as 11:00
Navegaremos polo domeado Miño descubrindo a beleza
de esta zona vitivinícola e pasaremos por Portotide camiño de
“O CABO DO MUNDO”, espectacular meandr
Pasaremos pola “PRAIA DA COVA” coa sua fascinante paisaxe lugar de lecer no vran e de maduración das uvas mencía y godello,
variedades dos afamados  caldos da zona.
Continuaremos a senda fuvial serpenteando polos plácidos recunchos do rio para obsevar a fauna do rio e as misteriosas
aldeas que colgan as suas antigas pedras sobre o Miño.

Seguindo augass abaixo, pasando pola “ILLA DE SERNANDE” e o  “PENEDO DO GARABULLO”, lchegaremos a " FERVENZA DA AUGACAÍDA” , donde disporemos de tempo para bañarnos nas cálidas augas do remanso do peixe.
Navegando por paraxes enormemente suxerentes
contaremos fermosas leendas, chegaremos o ¨CASTRO Do CASTELO DE MARCE”,
 lugar cheo de misterio.
Este lugar foi a morada das “xacias-os”, seres mitolóxicos acuáticos, con forma humana, moraban nos pozos mais profundos do río Miño.


Pola tarde completaremos o  viaxe  xantando nunha praia fluvial e visitando algun dos paraxes mais fermosos da zona.

15 ago. 2010

ESCALANDO NO PARAISO

                                  

Nunha maña soleada e cunha agradabel brisiña con sabor a mar  achegamonos ata as rochas de Donon  para disfrutar da natureza e do deporte escalando nas espectaculares paredes do lugar.
                                                                                              
Despois de tres dias de teoria e practica no rocodromo da Xunqueira tocaba rematar o cursiño de "Ponteveran" demostrando os coñecementos no medio natural  coas iilas Cies no horizonte e un mar turquesa os nosos pes.