30 mar. 2010

¿ QUEN COIDA OS SENDEIROS ?

O pasado domingo dia 28/03/10 nun pequeno paseo polo sendeiro das pontes do lerez
atopeime co cartel da foto tirado a
beira do camiño.
Este cartel deberia estar no comezo do sendeiro o pe
da estrada no lugar de Serrapio no concello de Cerdedo  indicando o principio do camiño  pero en realidade atopase uns 100m mais abaixo tirado nas silveiras.¿sera culpa das vacas que pasan polo lugar?
Amais desto e imposible atopar o comezo do camiño a non ser que o coñezas  asi como adireccion a tomar nos primeiros cruzamentos pola ausencia de siñais senderistas.

7 mar. 2010

DE NOVO BERTIANDOS

Novo intento de ir ata Portugal para coñecer o Espazo Protexido das Lagas de Bertiandos e San Pedro de Arcos  .
Saida o dia 14/03/10 as 8:30h dende a estacion de autobus de Pontevedra
Dificultade baixa , escaso desnivel e tan so 17km
Conoceremos un espazo formado por duas lagoas , un sistema de canles de drenaxe , prados , terras de cultivo, aldeas, etc
todo elo acompañado por unha moi interesante fauna e flora local.
A area protexida ademais conta con centro de interpretacion, albergue,
camping e unha rede de sendeiros de distinta duracion.



se te animas a vir con nos so tes que mandarnos un correo a andarinsdovaldolerez@gmail.com antes    do venres dia 12/03/10 as 14:00h