26 nov. 2009

AS CORES DO OUTONO

                                                      
                                                       AS CORES DO OUTONO








O outono xa chegou e imos aproveitar todo o seu esplendor para saír o monte e disfrutar de dúas das nosas afeccións favoritas.

1ª – Por suposto a nosa afección principal e camiñar polo que imos facer un fermoso percorrido por terras de Viascon.

2ª – A fotografía de todo o que se nos poña por diante : Paisaxes,muíños, plantas,arbores,bechos,etc.



A actividade proposta e un cursiño practico de fotografía no entorno natural para que todos podamos sacar mais partido as fotos que facemos nas nosas excursións.

Data: 29 de novembro do 2009

Saída: As 9:30h dende a estación de autobuses. Voltaremos sobre as 14.00h

Dificultade:Moi baixa.

Distancia: +/- 5km.

Custo: 1€

Roteiro: O lugar elixido e Viascon e mais concretamente o entorno dos rios

Cabanelas e rio da Bouza.

Iniciaremos a camiñada en Casa Manolo pasando pola casa do Gaiteiro iremos cara o Rio da Bouza seguindo o trazado da “Ruta das Coutadas”. Cruzaremos o rio polas pasarelas e logo a dereita para ir o encontro das marcas do ruta “A Vía Escondida”.

Polo camiño teremos oportunidade de observar e fotografar cogomelos,muíños,arbores, prados, etc

Actividade: Tratase de que todos aprendamos a sacarlle mais partido as nosas cámaras e os nosos paseos polo monte, polo que o ritmo será un pouco mais lento do habitual. Polo camiño, os fotógrafos de “Homo ludens” irannos ensinando como tratar cada tema ( Prantas,paisaxes,construcións,cogomelos, etc)