22 dic. 2010

VALLES DEL OSO

Abre en nueva ventana: Senda del oso Sempre que podo escapo a Asturias tentendo descubrir novas montañas, novas sendas, novas paisaxes,
e na pasada ponte de decembro,xunto con outros catro andarins estivemos explorando a comarca dos "Valles del Oso"  formada polos concellos de Proaza, Quirós, Santo Adriano e Teverga que entre vales, ríos e montañas alberga unha das últimas poblacións de Oso Pardo .


O sabado chegamos o pobo de Paramo que nos recibiu cunha estampa totalmente branca.
Despois de instalarnos fumos ata o museo da Prehistoria situado nun fermoso entorno e totalmente integrado na  natureza .
Como non poidemos entrar demos un paseo pola zona e descubrimos un interesante bosque de castiñeiros e o fermoso cabalo da foto.
 O anoitecer desplazamonos cara a capital do concello de Teverga e disfrutamos da gastronomia local.



O domingo fumos ata Fresnedo para facer a "Ruta de las pinturas rupestres" ,situadas en espectaculares
agochos nun autentico laberinto de rochas .
Polo camiño tivemos oportunidade de observar rastros dos distintitos moradores da montaña. Achegamonos ata o "Abrigo de la Cochantoria"
situado nun balcon por riba da "foz de la estrechadura" xusto enfronte da boca dunha das covas mais grandes de Asturias , "Cueva Huerta"

Neste punto demonos volta por culpa do forte vento reinante polo que optamos por ir visitar o museo da prehistoria , visita mais que recomendada. http://www.atraccionmilenaria.com/index.php.

O museo conta cunha reproducion dunha cova na que se recrean tres salas de outras tantas covas con pinturas rupestres :
  Tito Bustillo - Candamo - Niaux.


O luns despois de recoller e despadirnos de Blanca ( a dona dos apartamentos) baixamos cara o val para visitar a "Casa del Oso" en  Proaza e recoller mais informacion sobre a "Senda del Oso" ,aproveitando tamen para comprar unha rica empanada e uns chourizos na feira do pobo.

Saliu o sol e decidimonos a camiñar  ( a mellor escusa para dar conta da empanada asturiana  ) e percorremos un tramo da senda de uns 10km . A senda discorre polo trazado dun antiguo ferrocarril mineiro que servia para transportar o mineral das minas dos vales de Quiros e Teverga .
A ruta ten forma de Y e percorre os vales de Trubia, Teverga e Quiros sen apenas desnivel.
O trazado e interesante tanto polos seus paisaxes como pola sua vexetacion .  A lonxitude total e de 36km  peo podese realizar en varias etapas complementando con outras sendas proximas.

Xa pola tarde non queda mais remedio que voltar para casa.
5 horiñas de camiño para planear unha aventura nova , e das conversas do camiño surxiu a idea de pasar a semana santa do 2011 nos vales do oso ¿ Animaste ?




19 dic. 2010

A DESCOBERTA DO LEREZ

Hola Andarins empezan as comilonas do nadal e para que non sexa todo comer pensei que nos fara ben a todos un pouco de exercicio .


A proposta e sair o dia 26 pola maña a coñecer o entorno do rio lerez. Quedamos as 9:30h na rotonda norte da ponte dos tirantes para comenzar a camiñar pola beira dereita do rio cara a xunqueira do cobo , ¿ sabedes a quen pertence este espazo natural cercano a cidade?. Cruzaremos a outra beira para ir a descoberta da "praia do lerez" e dos miticos salons.

Seguindo rio enrriba achegaremonos o entorno do balneario do lerez ,outrora de grandde importancia pola calidade das suas augas http://cedofeita.arcanaverba.org/rc13/casimirogomez012.pdf,

a seguir visitaremos a casa das augas e cruzaremos a outra beira para ver os muiños de fontan ( non son de rivas fontan, fontan e o toponimo da zona). Ahora continuamos por verdadeiros camiños de pescadores para ir ata o refuxio de pescadores de Bora que se atopa nun fermoso enclave con vistas sobre o rio.Proxima parada "Os pontes de Bora" .¿ sabedes cantas pontes Hay ? ¿que rio desemboca neste lugar?. Despois dun peligroso e arriscado tramo de estrada duns 200m voltaremos cara o rio no encoro de Bora para voltar pola senda do lerez ata o punto de partida.



Info:

Saida 9:30h dende a rotonda norte da ponte dos tirantes.

Distancia aprox 12km

Dificultade ningunha agas a senda de pescadores.

Hora aprox de volta as 14:30h para que podades segui gastando cartos pola tarde sempre no comercio local ou estranxeiro a gusto do consumidor.

Material necesario: Bastons, botas ( a senda de pescadores pode estar encharcada en alguns puntos), polainas,auga pro camiño e algo para picar.