Ate o pasado mes de xaneiro, os botánicos tiñan clasificadas 39 especies de orquídeas na Comunidade Galega. Dous fotógrafos e naturalistas Ribeirenses, Xermán García Romai e Antonio Parada Mariño, atoparon o pasado 26 de xaneiro, no Parque Natural de Corrubedo, unha nova especie para a flora galega, a Barlia robertiana, orquídea que, ate o de agora, non estaba rexistrada en Galicia.
O sorprendente deste achádego é que se produza nun lugar tan investigado como o Parque Natural de Corrubedo e nunha familia, a das orquídeas, moi estudada ate a data de hoxe, pero que non recibiu incorporacións de novas especies dende 1989, ano en que se pechou o catálogo de orquídeas de Galicia e a Barlia robertiana quedou fora desta clasificación, ó non haber constatación da súa existencia en Galicia. A lista das orquídeas galegas, só sufriu dende entón lixeiras variacións na súa clasificación entre diversos xéneros, pero non se dera ate o de agora unha nova incorporación a este catálogo.
A familia das orquídeas en Galicia, composta agora por 40 especies, pasa xeralmente desapercibida para a poboación, xa que as plantas autóctonas nada teñen que ver no seu tamaño, coas orquídeas tropicais, que se poden atopar nas florerías. Así, o tamaño das súas flores, pode pasar dos 3-4cm dunha orquídea como a recen descuberta Barlia robertiana (a máis grande da Península Ibérica), ós 3-4mm do xénero Spiranthes, tamén presente en Corrubedo.
A Barlia robertiana, é tamén coñecida vulgarmente como orquidón ou orquídea xigante polo seu gran tamaño, xa que a planta pode acadar o metro de altura. Para os descubridores da especie, atopala nun lugar tan pouco humanizado, como as dunas do Parque Natural de Corrubedo, e tan alonxado da súa distribución coñecida (a máis próxima nas montañas de Asturias), sinala claramente que a súa presenza pasou totalmente desapercibida durante todos estes anos para a comunidade científica, sendo Corrubedo o lugar onde atopou as condicións naturais precisas para a súa conservación. Así tamén o adiantado da súa floración con respecto a outras orquídeas, puido facer que os estudosos desta familia non a chegasen a atopar en Corrubedo, a pesar de que fai relativamente pouco tempo, foi editada unha Guía das Orquídeas do Parque Natural de Corrubedo, na que non se sinala esta nova especie.
Os descubridores desta nova especie, Xermán García Romai e Antonio Parada Mariño, están actualmente elaborando unha publicación para dar conta do seu achádego ante a comunidade científica e facendo un seguimento desta nova planta, para observar en que estado se atopa a súa poboación.
3 feb 2011
FOTOGRAFOS/AS POLA BIODIVERSIDADE
Dende uns meses atras un grupo de amantes da natureza e a fotografia veñen de crear un grupo onde xuntarse fotógrafos/as que toman como tema á natureza galega, os animais, os vexetais, e os fungos; para entre todos/as, xuntar unha grande base de imaxes que recolla as especies entre as que habitamos clasificadas e identificadas na medida das nosas posibilidades.
http://www.facebook.com/?ref=home#!/fotografos.biodiversidade
http://www.facebook.com/?ref=home#!/fotografos.biodiversidade
24 dic 2010
22 dic 2010
VALLES DEL OSO

e na pasada ponte de decembro,xunto con outros catro andarins estivemos explorando a comarca dos "Valles del Oso" formada polos concellos de Proaza, Quirós, Santo Adriano e Teverga que entre vales, ríos e montañas alberga unha das últimas poblacións de Oso Pardo .
O sabado chegamos o pobo de Paramo que nos recibiu cunha estampa totalmente branca.
Despois de instalarnos fumos ata o museo da Prehistoria situado nun fermoso entorno e totalmente integrado na natureza .
Como non poidemos entrar demos un paseo pola zona e descubrimos un interesante bosque de castiñeiros e o fermoso cabalo da foto.
O domingo fumos ata Fresnedo para facer a "Ruta de las pinturas rupestres" ,situadas en espectaculares
O museo conta cunha reproducion dunha cova na que se recrean tres salas de outras tantas covas con pinturas rupestres :
Tito Bustillo - Candamo - Niaux.
O luns despois de recoller e despadirnos de Blanca ( a dona dos apartamentos) baixamos cara o val para visitar a "Casa del Oso" en Proaza e recoller mais informacion sobre a "Senda del Oso" ,aproveitando tamen para comprar unha rica empanada e uns chourizos na feira do pobo.
Saliu o sol e decidimonos a camiñar ( a mellor escusa para dar conta da empanada asturiana ) e percorremos un tramo da senda de uns 10km . A senda discorre polo trazado dun antiguo ferrocarril mineiro que servia para transportar o mineral das minas dos vales de Quiros e Teverga .
A ruta ten forma de Y e percorre os vales de Trubia, Teverga e Quiros sen apenas desnivel.
O trazado e interesante tanto polos seus paisaxes como pola sua vexetacion . A lonxitude total e de 36km peo podese realizar en varias etapas complementando con outras sendas proximas.
Xa pola tarde non queda mais remedio que voltar para casa.
Despois de instalarnos fumos ata o museo da Prehistoria situado nun fermoso entorno e totalmente integrado na natureza .

O anoitecer desplazamonos cara a capital do concello de Teverga e disfrutamos da gastronomia local.

agochos nun autentico laberinto de rochas .
Polo camiño tivemos oportunidade de observar rastros dos distintitos moradores da montaña. Achegamonos ata o "Abrigo de la Cochantoria"
situado nun balcon por riba da "foz de la estrechadura" xusto enfronte da boca dunha das covas mais grandes de Asturias , "Cueva Huerta"
Neste punto demonos volta por culpa do forte vento reinante polo que optamos por ir visitar o museo da prehistoria , visita mais que recomendada. http://www.atraccionmilenaria.com/index.php.
O museo conta cunha reproducion dunha cova na que se recrean tres salas de outras tantas covas con pinturas rupestres :
Tito Bustillo - Candamo - Niaux.
O luns despois de recoller e despadirnos de Blanca ( a dona dos apartamentos) baixamos cara o val para visitar a "Casa del Oso" en Proaza e recoller mais informacion sobre a "Senda del Oso" ,aproveitando tamen para comprar unha rica empanada e uns chourizos na feira do pobo.
Saliu o sol e decidimonos a camiñar ( a mellor escusa para dar conta da empanada asturiana ) e percorremos un tramo da senda de uns 10km . A senda discorre polo trazado dun antiguo ferrocarril mineiro que servia para transportar o mineral das minas dos vales de Quiros e Teverga .
A ruta ten forma de Y e percorre os vales de Trubia, Teverga e Quiros sen apenas desnivel.
O trazado e interesante tanto polos seus paisaxes como pola sua vexetacion . A lonxitude total e de 36km peo podese realizar en varias etapas complementando con outras sendas proximas.
Xa pola tarde non queda mais remedio que voltar para casa.
5 horiñas de camiño para planear unha aventura nova , e das conversas do camiño surxiu a idea de pasar a semana santa do 2011 nos vales do oso ¿ Animaste ?
19 dic 2010
A DESCOBERTA DO LEREZ
Hola Andarins empezan as comilonas do nadal e para que non sexa todo comer pensei que nos fara ben a todos un pouco de exercicio .
A proposta e sair o dia 26 pola maña a coñecer o entorno do rio lerez. Quedamos as 9:30h na rotonda norte da ponte dos tirantes para comenzar a camiñar pola beira dereita do rio cara a xunqueira do cobo , ¿ sabedes a quen pertence este espazo natural cercano a cidade?. Cruzaremos a outra beira para ir a descoberta da "praia do lerez" e dos miticos salons.
Seguindo rio enrriba achegaremonos o entorno do balneario do lerez ,outrora de grandde importancia pola calidade das suas augas http://cedofeita.arcanaverba.org/rc13/casimirogomez012.pdf,
Info:
Saida 9:30h dende a rotonda norte da ponte dos tirantes.
Distancia aprox 12km
Dificultade ningunha agas a senda de pescadores.
Hora aprox de volta as 14:30h para que podades segui gastando cartos pola tarde sempre no comercio local ou estranxeiro a gusto do consumidor.
Material necesario: Bastons, botas ( a senda de pescadores pode estar encharcada en alguns puntos), polainas,auga pro camiño e algo para picar.

a seguir visitaremos a casa das augas e cruzaremos a outra beira para ver os muiños de fontan ( non son de rivas fontan, fontan e o toponimo da zona). Ahora continuamos por verdadeiros camiños de pescadores para ir ata o refuxio de pescadores de Bora que se atopa nun fermoso enclave con vistas sobre o rio.Proxima parada "Os pontes de Bora" .¿ sabedes cantas pontes Hay ? ¿que rio desemboca neste lugar?. Despois dun peligroso e arriscado tramo de estrada duns 200m voltaremos cara o rio no encoro de Bora para voltar pola senda do lerez ata o punto de partida.
Info:
Saida 9:30h dende a rotonda norte da ponte dos tirantes.
Distancia aprox 12km
Dificultade ningunha agas a senda de pescadores.
Hora aprox de volta as 14:30h para que podades segui gastando cartos pola tarde sempre no comercio local ou estranxeiro a gusto do consumidor.
Material necesario: Bastons, botas ( a senda de pescadores pode estar encharcada en alguns puntos), polainas,auga pro camiño e algo para picar.
14 nov 2010
AS CORES DO OUTONO
CURSIÑO DE FOTOGRAFIA DE OUTONO.
Saida as 10:00h dende a estacion de autobuses.
Duracion: sobre 5h ( non e un erro, a velocidade nesa zona esta limitada e controlada por radar baixo pena de cuantiosas multas para arreglar a crise)
Lugar: Viascon.

Material necesario: Camara de fotos( vale calquera ) , Tripode( se tedes),Pequeno caderno, Boligrafo( o color e igual ), bolsa de basura grande ( imprescindible)
bocata e auga (moi recomendable), botas, polainas,etc.
Actividade: Tratase de un pequeno percorrido por terras de Viascon nunha zona donde podemos ver dende muiños ata cogumelos, arbores,prados,etc co gallo de aprender a sacarlle mais partido as nosas fotos aprendendo sobre o terreo tecnicas e trucos xinselos o mesmo tempo que disfrutamos dun dia no campo.
Custo : 2€ Mais info en andarinsdovaldolerez@gmail.com
3 oct 2010
OUTONO NOS ANCARES
Unha vez mais chegamos os Ancares de noite, no albergue agardanos Marcial que nos da a benvida e indicanos os nosos cuartos. Cervexa , cafe , parola e a durmir que maña toca madrugar.
Dia 25. Almorzamos cedo e saimos cara a nosa aventura de hoxe : conquistar o cume do Penarubia.
O dia empeza a despertar entre nevoa e imos cara a Cabana Vella , o outono escomenza a mudar os colores do bosque e a nevoa dalle un toque de misterio.O chegar o fondo do bosque a nevoa empeñase en refrescarnos ,subimos ata a golada da vara e de ali ata Campa de Brego.
A nevoa da paso a chuvia menuda e refuxiamonos na cabana pra decidir que facer. Decidimos voltar a golada e ir cara a Campa das
Ovellas e baixar pola pista . O chegar a Campa de Ortigoso o dia escomenza a clarear pero so se trata dun pequeno respiro, semella que alguen xoga con nos a mollarnos e secarnos para voltar a mollarnos.
Baixamos ata o albergue e sentamos a xantar nas mesas do exterior ata que a chuvia fainos correr para adentro.
Pola tarde imos ata Piornedo e despois de visitar unha das pallozas imos cara a ruta dos muiños
que comenza por tras do museo e levanos polo

A chuvia segue a fastidiarnos o dia polo que despois dunha cervexa na cantina voltamos para o albergue onde nos espera unha saborosa cea.
Dia 26 espertamos cun dia luminoso e totalmente despexado e despois de almorzar e recoller, despedimonos de Marcial e partimos nos coches cara o porto de Ancares donde comenzara a aventura do dia: Acadar o cume do estremo norte da cordal, o Miravalles.
Subimos o miradoiro e despois de facer unha foto de familia e unha panoramica do noso oxectivo comenzamos a camiñar pola linea de cumes seguindo a senda ven definida . O chegar a unha paquena explanada nun collado ,donde se ve unha lagoiña a esquerda, deixamos a cordal e baixamos pola ladeira da dereita cara unha predreira pisando a primeira xiada do ano ( que gusto pisar a terra xeada e escoitala debaixo das botas) . O camiño e sinxelo agas un par de pasiños nun pequeno resalte rochoso que e preciso destrepar.
Chegamos o collado do Miravalles e sacamos as camaras e a comida , un pequeno descanso e un bocado para recuperar forzas e despois dunha foto cos nosos novos amigos comenzamos a subir o ultimo repecho cara o cumio.
No cumio da o sol e non fai nada de vento,
perfecto para xantar en boa compaña disfrutando do fermoso paisaxe.
So nos queda voltar polo mesmo camiño os coches e despois dunha paradiña no bar de Pedro en campa da Braña voltar a Pontevedra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)