3 oct 2010

OUTONO NOS ANCARES

Unha vez mais chegamos os Ancares de noite, no albergue agardanos Marcial que nos da a benvida e indicanos os nosos cuartos. Cervexa , cafe , parola e a durmir que maña toca madrugar.
Dia 25. Almorzamos cedo e saimos cara a nosa aventura de hoxe : conquistar o cume do Penarubia.
O dia empeza a despertar entre nevoa  e imos cara a Cabana Vella , o outono escomenza a mudar os colores do bosque e a nevoa dalle un toque de misterio.
O chegar o fondo do bosque a nevoa empeñase en refrescarnos ,subimos ata a golada da vara e de ali ata Campa de Brego.
A nevoa da paso a chuvia menuda e refuxiamonos na cabana pra decidir que facer.
Decidimos voltar a golada e ir cara a Campa das
Ovellas e baixar pola pista . O chegar a Campa de Ortigoso o dia escomenza a clarear pero so se trata dun pequeno respiro, semella que alguen xoga con nos a mollarnos e secarnos para voltar a mollarnos.


Baixamos ata o albergue e sentamos a xantar nas mesas do exterior ata que a chuvia fainos correr para adentro.


Pola tarde imos ata Piornedo e despois de visitar unha das pallozas  imos cara a ruta dos muiños
que comenza por tras do museo e levanos polo
val do rio da veiga cimera .O sendeiro e de pequeno percorrido e faise nuhas 2horas cun percorrido circular .
A chuvia segue a fastidiarnos o dia polo que despois dunha cervexa na cantina voltamos para o albergue onde nos espera unha saborosa cea.







Dia 26 espertamos cun dia luminoso e totalmente despexado e despois de almorzar e recoller, despedimonos de Marcial e partimos nos coches cara o porto de Ancares donde comenzara a aventura do dia: Acadar o cume do estremo norte da cordal, o Miravalles.

Subimos o miradoiro e despois de facer unha foto de familia e unha panoramica do noso oxectivo comenzamos a camiñar pola linea de cumes seguindo a senda ven definida . O chegar a unha paquena explanada nun collado ,donde se ve unha lagoiña a esquerda, deixamos a cordal e baixamos pola ladeira da dereita cara unha predreira pisando a primeira xiada do ano ( que gusto pisar a terra xeada e escoitala  debaixo das botas) . O camiño e sinxelo agas un par de pasiños nun pequeno resalte rochoso que e preciso destrepar.
                                                                            
No camiño conocemos a unha parella de burgaleses que comparten a ascension con nos.
Chegamos o collado do Miravalles e sacamos as camaras e a comida , un pequeno descanso e un bocado para recuperar forzas e despois dunha foto cos nosos novos amigos comenzamos a subir o ultimo repecho cara o cumio.
No cumio da o sol e non fai nada de vento,
perfecto para xantar en boa compaña disfrutando do fermoso paisaxe.



So nos queda voltar polo mesmo camiño os coches  e despois dunha paradiña no bar de Pedro en campa da Braña voltar a Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario