4 feb 2010

NAMORADOS DA VINCHA





NAMORADOS DA VINCHA

 

Data : Dia 14 de febreiro dia de santa vincha de Cerdedo .

Saida: As 9:00h dende o lugar habitual ( E.B. P = estacion de buses de pontevedra)

Dificultade: Pouca.

Actividade:

Con motivo da " X FESTA DA VINCHA" de Cerdedo iremos ata a capital do concello do mesmo nome para facer unha camiñada polas suas parroquias tentando seguir o roteiro sarmiento.

Visitaremos A Revolta,Cavenca, As Raposeiras, Meilide,Barro e Aren.

Tentaremos descubrir os seus segredos e o remate iremos cara o recinto da festa.



Despois da camiñada teremos duas opcións :

1 voltar a casa a comer ca familia

2 Quedar en Cerdedo e disfrutar do programa da festa que organizan as mulleres da asociacion Espadela.

Pra rematar despois do teatro voltaremos a casiña que o luns e dia de escola.

NOTA IMPORTANTE :

Os que queden pola tarde poden levar a comida ou comer no recinto da festa.



Esta e unha nova aventura dos Andarins, se queres vir con nos so tes que mandar un correo ou chamar o 620448068 indicando se quedas pola tarde ou voltas o mediodia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario