4 feb 2010

FESTA DA VINCHA


A Asociación de Mulleres Espadela de Cerdedo ten o pracer de convidarte á súa X Edición da Festa da Vincha que terá lugar no pavillón de deportes municipal de Cerdedo o vindeiro domingo 14 de febreiro.


Coincidindo co décimo aniversario da Asociación e da Festa teremos unha exposición que mostrará ahistoria da asoaciación ó longo destes dez anos

Este ano, aparte do xa tradicional Concurso de vinchas contaremos cun novo concurso: Doces de Antroido: filloas, orellas e flores. As bases estarán á vosa disposición expostas en cada aldea ou dispoñedes dun número de teléfono para informarvos

Durante todo o día contaremos con música tradicional galega a cargo de “Os Chichisos” e “Os abrentes” de Cerdedo que nos amenizarán a xornada

Podes xantar no pavillón xa que contamos con polbo, churrasco e lacón con grelos a prezos populares

Teremos á venda doces de antroido e a nosa famosa vincha (¡se non a coñeces tes que vir e probala!)

Espadela quere renderlle este ano homenaxe ó director de cine e veciño de Forcarei Chano Piñeiro, coincidindo co 25 aniversario da súa morte, entre outros traballos é o pai da entrañable curtametraxe “Mamasunción” . Teremos a honra de contar este ano con Mariluz Montes Quireza, viúva de Chano, coma pregoeira.

A lectura do pregón terá lugar ás 12:00 para inaugura-la festa

Contaremos con diversos obradoiros de oficios artesáns e postos de productos ecolóxicos e da terra

NO NOME DE TÓDALAS MULLERES QUE FACEMOS POSIBLE ESTA FESTA QUEDADES CONVIDADOS E CONVIDADAS A CELEBRA-LO NOSO DÉCIMO ANIVERSARIO E O ANTROIDO NA NOSA COMPAÑA.



¡¡ESTE 14 DE FEBREIRO SEGURO QUEDAREDES NAMORADOS E NAMORADAS DA VINCHA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario