9 dic. 2009

VIII EDICCION DO ROTEIRO SARMIENTO

Saúdos, amig@s. Un ano máis, a Asociación Cultural e Ecoloxista VERBO XIDO de Terra de Montes convídavos a participar no "Roteiro Sarmento de Cerdedo".


.

Na presente edición guiaremos os participantes nunha viaxe á prehistoria da comarca. O roteiro a pé comezará no xacemento denominado Cruceiro de Antas (Calcolítico: +/- 4.000 anos de antigüidade), localizado no linde das freguesías de Figueiroa e Tomonde. Dende alí ascenderemos até o Outeiro dos Corvos/Campo dos Cans (necrópole tumularia. Neolítico: +/- 5.000 anos de antigüidade), xacemento xa consignado no "Glosario de voces galegas" de Martiño Sarmento. Cara ao norte, sobre a estrema dos concellos de Cerdedo e Forcarei, visitaremos a Eira dos Mouros, as mámoas do monte da Vilalén-Tomonde e os nomeados "Santos" da Porteliña (pedrafitas de cachote). O roteiro rematará unha vez cheguemos á aldea de Tomonde.

.

O roteiro celebrarase o vindeiro domingo, día 13 de decembro. Vémonos na praza da igrexa de Cerdedo a iso das 10'00 h da mañá. Alí decidiremos a mellor maneira de organizar o desprazamento en carro até o punto de partida, segundo a dispoñibilidade de cadaquén.

Complemento á información do "VIIIº Roteiro Sarmiento".




Ao rematar, ás 3 da tarde, está previsto un farturento cocido no lugar de Cachafeiro (Forcarei), a quince minutos en auto do lugar onde finalizaremos o Roteiro. Prezo 15 €, todo incluído.

Para apuntarse, escribir un correo a verboxido@yahoo..es, ou chamar aos telefonos 986-753412/630031605.

¡Animádevos!



"Verbo Xido".



.

No hay comentarios:

Publicar un comentario