21 dic 2009

ADEUS 2009

DESPEDIDA DO 2009


Acabase o 2009 e a mellor forma de despedilo e camiñando todos xuntos unha vez

mais.

A proposta dos Andarins e a seguinte

Data : 27 DE NADAL DO 2009

Lugar de encontro: Estación de bus de Pontevedra

Saída: As 10h.

Dificultade:Baixa.

Distancia: +/- 16Km.

Ruta: Sairemos da praia de Pontesampaio para comenzar cunha visita o ponte e as

ruelas do nucleo antigo. Continuaremos polo trazado do PRG48 desviandonos para

ver un animal mitico do que quedan poucos exemplares ( so se pode ver o borde

dalgunhas estradas da peninsula iberica). Logo baixaremos o pe do a Ullo para ver os

seus muiños e a marisma ( se temos sorte veremos patos,garzas,garcetas ). Toca un

pouquiño de asfalto para ir ata a canteira da Lapa coa sua lagoa . Dende ali

seguiremos as marcas do sendeiro da "Pedra de Miranda" que agocha boas vistas da

ria de Vigo e algunha sorpresa. O baixar conectaremos co trazado do camiño

Portugues que nos acompañara ata chegar o Alcouce donde podemos beber a auga

dunha das fontes do rio dos Gafos. Por camiños (algun asfaltado) iremos o encontro

do rio que nos aconpañara ata a mellor vila do mundo onde rematara a nosa

aventura,a derradeira deste ano que esta esmorecendo.

















O rematar iremos ata o " local dos Andarins" para brindar por un novo ano cheo de
proxectos e camiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario