5 abr 2011

ROTEIRO BUDIÑO 2011


O pasado domingo os Andarins participamos no segundo roteiro e decima marcha BTT de Budiño organizada pola asociacion BUDIÑOBIKE-CANTEIROS



 O roteiro percorreu os camiños do pobo e levounos cara o  "Faro de Budiño"


Ainda que anunciaban choiva o dia amenceu claro e deixounos disfrutar da primaveira





e de fermosas vistas do Val da Louriña


e como non , da flora galaica.


Dende aqui quero felicitar os organizadores por un roteiro moy interesante e unha boa organizacion.
O ano que ven estaremos ali de novo


7 feb 2011

Arbores de Pontevedra

O pasado domingo os Andarins percorremos a nosa cidade da man do noso conpañeiro Amancio Castro, coautor do libro "Pontevedra As Arbores da cidade", decubrindo as diferentes especies que poboan os nosos parques e ruas.



AMENEIRO (Alnus glutinosa)



CHOPO( Populos alba)


 

ALFANEIRO CHINES ( Ligustrum lucidum)



 
MAGNOLIA ESTRELADA (Magnolia kobus. var stellata)



 
PAU BORRACHO AMARELO ( Chorisia insignis)

Esta  e so unha pequena mostra do que poidemos ver no noso paseo invernal , na primaveira habera que repetilo para descubrir mais especies nos nosos parques

3 feb 2011

NOVA ESPECIE DE ORQUIDEA EN GALICIA

Ate o pasado mes de xaneiro, os botánicos tiñan clasificadas 39 especies de orquídeas na Comunidade Galega. Dous fotógrafos e naturalistas Ribeirenses, Xermán García Romai e Antonio Parada Mariño, atoparon o pasado 26 de xaneiro, no Parque Natural de Corrubedo, unha nova especie para a flora galega, a Barlia robertiana, orquídea que, ate o de agora, non estaba rexistrada en Galicia.


O sorprendente deste achádego é que se produza nun lugar tan investigado como o Parque Natural de Corrubedo e nunha familia, a das orquídeas, moi estudada ate a data de hoxe, pero que non recibiu incorporacións de novas especies dende 1989, ano en que se pechou o catálogo de orquídeas de Galicia e a Barlia robertiana quedou fora desta clasificación, ó non haber constatación da súa existencia en Galicia. A lista das orquídeas galegas, só sufriu dende entón lixeiras variacións na súa clasificación entre diversos xéneros, pero non se dera ate o de agora unha nova incorporación a este catálogo.

A familia das orquídeas en Galicia, composta agora por 40 especies, pasa xeralmente desapercibida para a poboación, xa que as plantas autóctonas nada teñen que ver no seu tamaño, coas orquídeas tropicais, que se poden atopar nas florerías. Así, o tamaño das súas flores, pode pasar dos 3-4cm dunha orquídea como a recen descuberta Barlia robertiana (a máis grande da Península Ibérica), ós 3-4mm do xénero Spiranthes, tamén presente en Corrubedo.



A Barlia robertiana, é tamén coñecida vulgarmente como orquidón ou orquídea xigante polo seu gran tamaño, xa que a planta pode acadar o metro de altura. Para os descubridores da especie, atopala nun lugar tan pouco humanizado, como as dunas do Parque Natural de Corrubedo, e tan alonxado da súa distribución coñecida (a máis próxima nas montañas de Asturias), sinala claramente que a súa presenza pasou totalmente desapercibida durante todos estes anos para a comunidade científica, sendo Corrubedo o lugar onde atopou as condicións naturais precisas para a súa conservación. Así tamén o adiantado da súa floración con respecto a outras orquídeas, puido facer que os estudosos desta familia non a chegasen a atopar en Corrubedo, a pesar de que fai relativamente pouco tempo, foi editada unha Guía das Orquídeas do Parque Natural de Corrubedo, na que non se sinala esta nova especie.



Os descubridores desta nova especie, Xermán García Romai e Antonio Parada Mariño, están actualmente elaborando unha publicación para dar conta do seu achádego ante a comunidade científica e facendo un seguimento desta nova planta, para observar en que estado se atopa a súa poboación.

FOTOGRAFOS/AS POLA BIODIVERSIDADE

Dende uns meses atras un grupo de amantes da natureza e a fotografia veñen de crear un grupo onde xuntarse fotógrafos/as que toman como tema á natureza galega, os animais, os vexetais, e os fungos; para entre todos/as, xuntar unha grande base de imaxes que recolla as especies entre as que habitamos clasificadas e identificadas na medida das nosas posibilidades.


http://www.facebook.com/?ref=home#!/fotografos.biodiversidade

22 dic 2010

VALLES DEL OSO

Abre en nueva ventana: Senda del oso Sempre que podo escapo a Asturias tentendo descubrir novas montañas, novas sendas, novas paisaxes,
e na pasada ponte de decembro,xunto con outros catro andarins estivemos explorando a comarca dos "Valles del Oso"  formada polos concellos de Proaza, Quirós, Santo Adriano e Teverga que entre vales, ríos e montañas alberga unha das últimas poblacións de Oso Pardo .


O sabado chegamos o pobo de Paramo que nos recibiu cunha estampa totalmente branca.
Despois de instalarnos fumos ata o museo da Prehistoria situado nun fermoso entorno e totalmente integrado na  natureza .
Como non poidemos entrar demos un paseo pola zona e descubrimos un interesante bosque de castiñeiros e o fermoso cabalo da foto.
 O anoitecer desplazamonos cara a capital do concello de Teverga e disfrutamos da gastronomia local.



O domingo fumos ata Fresnedo para facer a "Ruta de las pinturas rupestres" ,situadas en espectaculares
agochos nun autentico laberinto de rochas .
Polo camiño tivemos oportunidade de observar rastros dos distintitos moradores da montaña. Achegamonos ata o "Abrigo de la Cochantoria"
situado nun balcon por riba da "foz de la estrechadura" xusto enfronte da boca dunha das covas mais grandes de Asturias , "Cueva Huerta"

Neste punto demonos volta por culpa do forte vento reinante polo que optamos por ir visitar o museo da prehistoria , visita mais que recomendada. http://www.atraccionmilenaria.com/index.php.

O museo conta cunha reproducion dunha cova na que se recrean tres salas de outras tantas covas con pinturas rupestres :
  Tito Bustillo - Candamo - Niaux.


O luns despois de recoller e despadirnos de Blanca ( a dona dos apartamentos) baixamos cara o val para visitar a "Casa del Oso" en  Proaza e recoller mais informacion sobre a "Senda del Oso" ,aproveitando tamen para comprar unha rica empanada e uns chourizos na feira do pobo.

Saliu o sol e decidimonos a camiñar  ( a mellor escusa para dar conta da empanada asturiana  ) e percorremos un tramo da senda de uns 10km . A senda discorre polo trazado dun antiguo ferrocarril mineiro que servia para transportar o mineral das minas dos vales de Quiros e Teverga .
A ruta ten forma de Y e percorre os vales de Trubia, Teverga e Quiros sen apenas desnivel.
O trazado e interesante tanto polos seus paisaxes como pola sua vexetacion .  A lonxitude total e de 36km  peo podese realizar en varias etapas complementando con outras sendas proximas.

Xa pola tarde non queda mais remedio que voltar para casa.
5 horiñas de camiño para planear unha aventura nova , e das conversas do camiño surxiu a idea de pasar a semana santa do 2011 nos vales do oso ¿ Animaste ?