14 abr 2012

2012 NOS CAMIÑOS


Comenzamos o ano camiñando baixo a choiva polo sendeiro natural do rio Arenteiro no Carballiño



Cormoran








 



Logo do paseo desprazamonos a Oseira por ver de aproveitar o dia e visitar o monasterio
e logo de comer no palco camiñamos outro pouco pra facer tempo e visitar o mosteiro na compaña dun monxe que amablemente nos explicou a historia do lugar nunha visita moi interesante.


Camiñando con choiva




30 oct 2011


OS RIOS DE PONTEVEDRA NO OUTONO





Boas novas : Xa chegou o outono e os bosques de ribeira comezan a mudar o seu traxe e a lucir as fermosas cores de tempada. E tempo de camiñar e disfrutar do son dos nosos pasos sobre a alfombra de follas.

A proposta e percorrer as beiras de dous dos nosos rios mais cercanos e a vez descoñecidos para a maioria da xente .


Data : 6 de novembro do 2011

Saida: As 9:00h dende a "Ponte dos Tirantes" (rotonda da beira dereita do rio)

Dificultade: Baixa con pronostico de media en algun tramiño pequeno.

Distancia a percorrer: +∕- 20km

Inscripcions ata o venres dia 4/11/11 en andarinsdovaldolerez@gmail.com


Percorrido: Comenzaremos a camiñar na Ponte dos tirantes pola beira dereita do rio que comforma o val que da nome o noso grupo para cruzar a outra beira pola ponte peatonal e continuar pola veira esquerda ata Monteporreiro.



                                                                    

Seguiremos logo polo

sendeiro do Lerez ata a casa 

das augas e cruzaremos de

novo o rio para ir ata o rego

de fontan. Logo de visitar os

muiños seguiremos rio arriba

ata o refuxio de pescadores de Bora. A continuacion visitaremos as vellas pontes de Bora e un fermoso peto de animas nun fermoso paraxe no que o rio Almofrei rinde as suas augas no Lerez encorado na presa de Bora que abasterce de liquido a Ence.

A continuacion subiremos pola beira dereita do rio buscando os seculares pasos de

Portamuiños que comunican as aldeas das dus beiras case no limite do noso concello.





Na outra beira seguiremos rio arriba buscando as pegadas do pasado en forma de vellos muiños e camiños de carro que nos levan ata oSalgueiral , lugar pertencente a parroquia de Bora enclavado no val formado no seu ultimo treito polo rio Almofrei.

Tan so nos queda voltar os pasos e baixar ata Pontevedra pola beira esquerda do Lerez completando unrelaxante paseo polo noso petrimonio natural mais cercano




























18 sept 2011

ANCARES 2011

Xa chegou setembro e os Andarins encaminaron os seus pasos ,unha vez mais, os Ancares




Levamos tempo sen camiñar e ergemonos cedo con ganas de aventura . Primeiro toca devorar o almorzo que nos prepara Marcial no albergue para ir co bandullo cheo a negociar as interminables revoltas da estrada de Campa da braña a Piornedo e de ali ata o Porto de Ancares ; punto de partida da nosa excursion .





Xa no porto calzamos as botas, collemos as mochilas e imos cara o alto polo camiño que sae dende a esquina sur do aparcadoiro para en poucos minutos coroar o primer alto do dia ( Traspuerto)


Continuamos subindo cara o pico Veneros  e topamonos cos primeiros Rebecos que subian cando a nos polas abas do circo glacial do Cuiña , impresionante cabeceira do val de Ancares que da nome a toda zona.


Rupicapra rupicapra



No pico agardanos o vento e despois de observar un intre a inmensidade da paixase de vales e montañas que se perden no horizonte, baixamos cara a golada do Cuiña.
Tocaba facer unha paradiña para abrigarse un pouco e coller folgos para subir a ladeira do pico que resolvemos en pouco mais de 25 minutos e que nos tiña gardada unha sorpresiña a medio camiño.



O noso explorador avanzado levanta a vista e descobre ,pousado nun cantil, un boitre leonado que se deixa fotografar un rato e logo fainos unha exivicion de planeo para desparecer no horizonte.



Gyps fulvus

Coroamos o Cuiña cos seus 1987m e , puxados poloa friaxe ,  baixamos rapidamente pola cara sur
cara a golada do Pena longa  camiñando entre matogueiras baixo a atenta mirada dun grupo de cabra montesa .

Capra pyrenaica



O ceo ameaza con mollarnos e paramos a decidir se continuamos ou non. Un kit kat e abresen as nubes e asoma lorenzo  polo que seguimos camiño mentres unha manada de cabalos pace tenquilamente un pouco mais abaixo.


Mais era un engano temporal, a asi quechegamos o cumio as nubes taimas e traizoeiras oscurezen o ceo e tras unha breve paradiña comenzamos a buscar a baixada facil cara a Mallada.
Imos cara o norte da Pena e a neboa atrapanos no seu manto de algodon e perdemonos un pouquiño.

0 minutos de busca e aparece un carreiro entre o mato que nos leva ata a Mallada do Mostallar 
onde paramos a disfrutar dos ricos arandos e da conversa con duas parexas que veñen do Mustallar.

A xente ten fame e eu inda non polo que decido seguir ata a Cabana dos Extremeños aunha 1/2 horiña para comer ali un pouco mais abaixo protexidos do vento fresquiño dos cumios.





Bos taurus

Despois de comer e  descansar un pouco continuamos camiño pola pista que nos leva ata Piornedo coas rapazas devorando amoras das silveiras e os "naturalistas" buscando frores e bechos .
Paseniñamente achegamonos  a Piornedo e imos a cantina a pola recompensa do dia , unha cervexa fresquiña.




3 may 2011

QUIROS - MUINS DEL CORRORIU

Este e un diario en imaxes da saida de seman santa do 2011 o val de Quiros en Asturias.


Viaxamos ata a localidade de Arroxo onde nos aloxamos no albergue da localidade atendido por Coque



Despois de deixar as nosas cousas no albergue e de comer no merendeiro anexo comenzamos as actividade partindo do pobo  por un sendeiro local marcado con pintura azul e branca . O pouco de sair xa nos topamos co primero morador da  zona. Xa e primavera e todo frorece o noso redor polo que o pouco tempo de comezar a andaina as camaras xa botan lume.

Verronica chamaedrys


    Dactylorhiza maculata


Viola palustris


Muiños


Vistas

Os Andarins comproban a ponte antes de cruzar


Fresnedo


Vista de Arroxo