30 oct 2011


OS RIOS DE PONTEVEDRA NO OUTONO





Boas novas : Xa chegou o outono e os bosques de ribeira comezan a mudar o seu traxe e a lucir as fermosas cores de tempada. E tempo de camiñar e disfrutar do son dos nosos pasos sobre a alfombra de follas.

A proposta e percorrer as beiras de dous dos nosos rios mais cercanos e a vez descoñecidos para a maioria da xente .


Data : 6 de novembro do 2011

Saida: As 9:00h dende a "Ponte dos Tirantes" (rotonda da beira dereita do rio)

Dificultade: Baixa con pronostico de media en algun tramiño pequeno.

Distancia a percorrer: +∕- 20km

Inscripcions ata o venres dia 4/11/11 en andarinsdovaldolerez@gmail.com


Percorrido: Comenzaremos a camiñar na Ponte dos tirantes pola beira dereita do rio que comforma o val que da nome o noso grupo para cruzar a outra beira pola ponte peatonal e continuar pola veira esquerda ata Monteporreiro.



                                                                    

Seguiremos logo polo

sendeiro do Lerez ata a casa 

das augas e cruzaremos de

novo o rio para ir ata o rego

de fontan. Logo de visitar os

muiños seguiremos rio arriba

ata o refuxio de pescadores de Bora. A continuacion visitaremos as vellas pontes de Bora e un fermoso peto de animas nun fermoso paraxe no que o rio Almofrei rinde as suas augas no Lerez encorado na presa de Bora que abasterce de liquido a Ence.

A continuacion subiremos pola beira dereita do rio buscando os seculares pasos de

Portamuiños que comunican as aldeas das dus beiras case no limite do noso concello.





Na outra beira seguiremos rio arriba buscando as pegadas do pasado en forma de vellos muiños e camiños de carro que nos levan ata oSalgueiral , lugar pertencente a parroquia de Bora enclavado no val formado no seu ultimo treito polo rio Almofrei.

Tan so nos queda voltar os pasos e baixar ata Pontevedra pola beira esquerda do Lerez completando unrelaxante paseo polo noso petrimonio natural mais cercano




























No hay comentarios:

Publicar un comentario