20 may 2010

C@RLOS CON TREVINCA



Despois dun ano por fin puiden cunprir a miña promesa de guiar os amigos de Pena Trevinca polo parque nacional de Monfragüe.
Saimos de Vigo o pasado dia 15 de maio na primeira 1/2h do dia (00:30h) nun bus enorme para viaxar toda a noite e ver o amencer xa en Extremadura.

Chegamos o pobo de Villareal de San Carlos e ,despois de calzar as botas, botamonos a camiñar cara o "Cerro Gimio" , estratexico miradoiro do parque. Unha paradiña e seguimos camiño para ir buscar a ponte que cruza o rio Barbaón.
Despois de falar cun xinete da zona continuamos cara Serradilla, pero o camiño ainda gardaba algunha sorpresa en forma de rampa interminable. E despois do esforzo, por fin o collado e a merecida comida.

So queda baixar o pobo e tomar unhas cervexas esperando polo bus
que nos levou ata  Torrejon el Rubio donde tiñamos montado o noso cuartel xeral.
Xa na casiña e duchados nos enteramos que no pobo estan en festas e aproveitamos para ir ver un musical. Todo un luxo.



 Sabado toca levantarse cedo e ir de novo ata Villareal para proceder o asalto do castelo de Monfragüe situado nu impresionante rochedo. Polo camiño tivemos a oportunidade de observar as aves que aniñan nos impresionantes cantis do "salto del Gitano"  .
O chegar as portas do castelo topamos cos lugareños que tomaran o
sitio antes que nos e estaban paseando a virxe co neno para bendecir as colleitas.
Despois de comer comezamos a baixar pola umbria, no sin antes sufrir unha broma do guia, cara a fonte do frances. De repente ,cando xa se albiscaba a estrada , o guia decide poñerse a subir de novo e case que afogamos todos.
O final as vistas compensaron o esforzo e despois dun descansiño continuamos ata afonte do frances para ,dende ali , desandar o camiño ata Villareal.
Visita a casa da auga con visionado dun video sobre o parque e de volta a casiña.



Domingo toca madrugar , recoller todo e de novo o bus para ir visitar o entorno do rio Tietar e o maxico "Huerto del ojaranzo"  . Un curto pero interesante sendeiro que ten sorpresas en cada revolta do camiño.
Rematamos o sendeiro  no mirador          
deTajadilla   donde nos esperaba o bus para voltar a Vigo no sen antes votar unha partidiña de cabron.                                                 



Pola miña parte estou deseando repetir .

1 comentario:

  1. Ola Carlos.

    Moitas grazas por guiarnos tan ben por Monfrague e por eses comentarios tan ben escritos nese galego que tés.

    Unha aperta. Luis.

    ResponderEliminar