26 oct 2008

EXCURSION RIDIMOAS

EXCURSIÓN AO BOSQUE DE RIDIMOAS, NO RIBEIRO

O Ateneo de Pontevedra organiza unha excursión ao Ribeiro o sábado 15 de novembro para visitar o Bosque de Ridimoas, en Beade. Durante a xornada, aproveitarase para tomar un cocido en Leiro e visitar unha adega de recoñecido prestixio.
Ridimoas constitúe unha experiencia de preservación dun bosque autóctono grazas á acción de máis de mil persoas que aportan unha pequena cota anual para mantelo e agrandalo.
O prezo da excursión é de 30 € e é necesaria a participación de 40 persoas para realizar a actividade.

Itinerario
Saída en autobús, desde a Praza de Galicia, ás 9:00 horas do sábado 15 de novembro. Ás 10:30 h, visita ao bosque desde o adro da igrexa de Beade. Ás 14:30 h, comida no restaurante O Mosteiro de Leiro: Cocido e canas recheas de sobremesa; café e chupitos. Ás 16:30 h, visita á Adega Vilerma en Gomariz. Regreso a Pontevedra ó rematar a visita.

Inscricións
Todas as persoas que desexen asistir á excursión ao Bosque de Ridimoas deben anotarse antes do luns 10 de novembro no correo electrónico cfuentesmoledo@yahoo.es ou a través do teléfono 669 428 188 (Carlos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario