5 sept 2010

SETEMBRO NOS ANCARES

Os diás 25 e 26 de setembro do 2010 os Andarins gozaran dunha nova aventura nos Ancares.
TRES BISPOS DENDE O CAMIÑO
Nesta ocasion o noso oxectivo e acadar os cumes
dos picos que ocupan os dous extremos da cordal.

O primer dia ocuparemonos do Pena Rubia que pecha a cordal polo sur  cos seus 1821m de altitude.
Sairemos do albergue para subir pola ruta do tres Bispos cara a campa de Brego e dende ali subir o pico para logo voltar polo fermoso bosque de Cabana Vella.
O PENA  RUBIA ASOMA POR RIBA DA CORDAL
O segundo dia iremos cara o Porto de Ancares
para atacar o pico que pecha a cordal polo
norte no limite con Leon e Asturias.
O pico Miravalles ten 1961m cunha expectacular ascension que resulta moi asequible a todo aquel que este acostumado a camiñar por montaña.
PICO MIRAVALLES O FONDO

26 ago 2010

NAVEGANDO POLO MIÑO

O proximo domingo dia 29 de agosto do 2010 os Andarins imos navegar polo pai Miño .
Sairemos de Pontevedra as 8:30h para viaxar ata o encoro
de Belesar


Embarcaremos no pantalán do pobo de Belesar as 11:00
Navegaremos polo domeado Miño descubrindo a beleza
de esta zona vitivinícola e pasaremos por Portotide camiño de
“O CABO DO MUNDO”, espectacular meandr
Pasaremos pola “PRAIA DA COVA” coa sua fascinante paisaxe lugar de lecer no vran e de maduración das uvas mencía y godello,
variedades dos afamados  caldos da zona.
Continuaremos a senda fuvial serpenteando polos plácidos recunchos do rio para obsevar a fauna do rio e as misteriosas
aldeas que colgan as suas antigas pedras sobre o Miño.

Seguindo augass abaixo, pasando pola “ILLA DE SERNANDE” e o  “PENEDO DO GARABULLO”, lchegaremos a " FERVENZA DA AUGACAÍDA” , donde disporemos de tempo para bañarnos nas cálidas augas do remanso do peixe.
Navegando por paraxes enormemente suxerentes
contaremos fermosas leendas, chegaremos o ¨CASTRO Do CASTELO DE MARCE”,
 lugar cheo de misterio.
Este lugar foi a morada das “xacias-os”, seres mitolóxicos acuáticos, con forma humana, moraban nos pozos mais profundos do río Miño.


Pola tarde completaremos o  viaxe  xantando nunha praia fluvial e visitando algun dos paraxes mais fermosos da zona.

15 ago 2010

ESCALANDO NO PARAISO

                                  

Nunha maña soleada e cunha agradabel brisiña con sabor a mar  achegamonos ata as rochas de Donon  para disfrutar da natureza e do deporte escalando nas espectaculares paredes do lugar.
                                                                                              
Despois de tres dias de teoria e practica no rocodromo da Xunqueira tocaba rematar o cursiño de "Ponteveran" demostrando os coñecementos no medio natural  coas iilas Cies no horizonte e un mar turquesa os nosos pes.










                                                                                         

8 jul 2010

XXIII TRAVESIA DA COSTA NAVIEGA

O 20 de xuño celebrouse no concello Asturiano de Navia unha nova edicion da sua tradicional "Travesia de la costa naviega"  e con esta xa van XXIII edicións.
Por tercer ano consecutivo os Andarins desprazamonos ata ali para participar no evento organizado polo clube "Peña Furada"
O sabado saimos pola tarde cara o pobo asturiano de "Valdepares" donde chegamos sobre as 20:00h e instalamonos no fermoso camping "Agrandella".
Dende ali acercamonos camiñando ata "Cabo Blanco" para ver a atardecer sobre a rasa costeira e a bravo cantabrico traballando na escultura dos cantis.

Xa de volta no camping ,compartimos cea e charla.
















    Domingo tocou levantarse cedo e ir ata Navia para   coller o bus que nos levou ata o inicio da marcha na praia de Barayo                                                                           

Despois da foto de familia  comezamos a camiñar xunto cos outros 1000 e pico participantes formando
unha serpe de cores que se despraza paseniñamente festoneando a beira dos mais fermosos cantis da costa
naviega.  Chegamos ata a vila mariñeira de "Puertu de Vega" onde tentamos escanciar unhas sidrinas ,con mais ou menos exito¨, para coller forzas e continuar ata a praia de Frexulfe para comer e descansar un bo rato.
Despoi do descanso e un par de rampiñas sorpresa ( so para os novos) por fin atopamos co motivo de que tanta xente estivera camiñando por ali. Atopamos os da organizacion esperandonos cunha sangria deliciosa que nos deu forza para continuar ata a cercana praia de Navia fin da ruta.
Pra rematar baile e baño na praia . Despedimonos dos amigos asturianos prometendo voltar para a proxima edición.



4 jul 2010

PONLLE NOME

               PONLLE NOME
O pasado domingo dia 27 de xuño Vaipolorio comenzou  a campaña de limpeza 2010  facendo unha intervención  " Artistica" coa basura recollida nun so dia de limpeza no tramo urban do rio dos Gafos
Tan so resta porlle nome e ti podes facelo e ademais gañar un agasallo

so tes que mandar unha mensaxe o nº
676842942 antes do 25 de xullo
cun maximo de tres palabras.