17 ene 2014

DE SANTUARIOS E CAEDOIROS

DE SANTUARIOS E CAEDOIROS
26/01/2014

Boas Andarins . Imos comenzar unha nova tempada de andainas camiñando polo concello de Silleda na procura de de dous dos seus santuarios mais coñecidos e dunha da mais fermosas paraxes da Galiza.

Pola maña percorreremos a senda da Saleta e pola tarde visitaremos Carboeiro e a fervenza do toxa.

                                                     SENDA DA SALETA

Sendeiro de curto percorrido de dificultade media-baixa. Ten unha distancia de 13 km. no trazado máis longo. Este circuíto circular pódese realizar en catro horas con descansos.
Combina camiños asfaltados, calzadas empredadas, camiños rurais e vías pecuarias.
A flora e a fauna é abundante e rica en especies autóctonas.
O patrimonio artístico vén xalonado de igrexas, pazos, casas grandes e capelas, que constitúen unha fermosa reliquia do pasado nas terras de Trasdeza. De interese destacar que transcorre sobre un tramo do Camiño Mozárabe (Vía da Prata) pero en sentido inverso, é dicir, dende Silleda ata a Ponte de Taboada.
SILLEDA - TRASFONTAO - TABOADA - TABOADA VELLA - CAMPORRAPADO - COVAS - A SALETA (SIADOR) - Silleda.

Parte de Silleda, da Praza de Igrexa, seguindo en sentido invertido, o Camiño Real (Vía da Prata) cara ao lugar de Trasfontao, onde se destacan: a calzada, o pazo e a carballeira; e de aí a área de descanso do peregrino, en Taboada. Seguindo en dirección oposta continúa ata o lugar de Taboada Vella, e xusto diante do Portal da Casa de Turismo Rural “A Posta da Prata”, continuaríamos cara a dereita deixando a nosa conexión co Camiño de Santiago. Neste punto, antes de empreder novamente o sendeiro, aconséllase baixar ata o río para admirar a beleza do conxunto formado pola calzada e a ponte do S. X coa inscrición da súa construción gravada nunha rocha.

Feito este descanso cultural, retrocederíamos ao portón da casa rural, para continuar pola esquerda, collendo unha pista e logo outra vez á esquerda para baixar ao r ío Deza e remontalo nun fermoso paseo fluvial ata chegar ao lugar de Camporrado, famoso por ser terra de persoeiros ilustres e lugar de celebrada feira ata o S. XVIII cunha esbelta capela.

A continuación proseguimos ata o lugar de Covas, con Casa de Turismo Rural, e de
aí, pasando por entre carballeiras ata o Santuario da Saleta en Siador onde remata a camiñada, para admirar toda a súa contorna. 

MOSTEIRO DE CARBOEIRO
Como obra arquitectónica do románico de transición a un gótico serodio, constitúe un dos monumentos máis característicos da arte medieval galega, influenciado polas manifestacións artísticas compostelanas, en concreto polo estilo que o Mestre Mateo desenvolveu na catedral de Santiago .



 Mais informacion:



 




 

                                        
FERVENZA DO TOXA

Fermoso espectáculo de auga, luz e son, formado por unha cascada de auga do río Toxa na parroquia de Pazos, considerada a máis alta de Galicia en caída libre.
Constitúe un espazo de alto valor paisaxístico que forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza e participa no proxecto europeo Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria.
A súa diversidade botánica, aproveitada polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo para a súa farmacopea, e un bosque atlántico marabillosamente conservado con especies de tipo mediterráneo, conceden a este lugar características de único, incomparable e unha das máis impoñentes imaxes da nosa comunidade pola singular beleza. Se a auga é vida, as fervenzas son a ledicia de vivir.








SAIDA:As 8:30H dende o pavillon dos deportes de Pontevedra.
DIFICULTADE: Media-baixa.
MATERIAL NECESARIO: Comida po dia, auga,botas ,bastons,roupa de abrigo,etc.
CUSTE: Para gasto de desprazamento 5€.
ANOTARSE ATA O DIA 24/01/14 AS 22:30 NO CORREO andarinsdovaldolerez@gmail.com ou no tlfo 620448068


















6 feb 2013

PRIMEIRO NARCISO DO ANO
 
 

Narcisus sp



 
O primeiro narciso que vin este ano eche un narciso de xardin que crece de forma espontanea na Xunqueira do Alba. Probablemente procedente do abandono de restos de limpar os xardins por parte de algun desaprensivo.
 

16 ene 2013


Pronto vira o tempo dos Narciso no val do Gafos

Narcissus triandus


Narcissus cyclamineus







 

14 ene 2013


TERRA DE MECOS




Data: 20de xaneiro do 2013

Hora de saida: 9:00h dende o Pazo dos deportes de Pontevedra.

Dificultade: Media – baixa .

Lonxitude: +/- 24km.

Monitor : Juan e C@rlos.

Custo: 5,50€.

Material: Comida e auga suficiente para o dia, bastons ,botas , polainas , etc

Anotarse: Ata o venres dia 18de xaneiro no correo andarinsdovaldolerez@gmail.com ou no tlfo 620448068

                                                                   PERCORRIDO


Nesta ocasion imos visitar as terras dos Mecos ( se queredes saber por que se lle chaman asi visitar o seguinte enlace :http://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20070316160357AAaVSqi ) e imolo facer percorrendo unha parte da sua geografia . Como sabedes O Grove asentase nunha peninsula situada na ria de

Arousa na beira sur . O concello ten tan so 21km² e esta

dividido en duas parroquias : San Martiño e San Vicente.

Nos imos centrarnos na parroquia de San vicente.

Desprazaremonos ata o lugar de Cavernal onde deixaremos

os coches para comezar a nosa andaina camiñando pola

canteira na procura do " Con da Hedra" dende o que

poderemos observar gran parte do territorio que visitaremos.


Despois iremos cara a costa sur da peninsula para pisar as fermosas praias e camiñar polas suas areas cara a "Pedras Negras" . Polo camiño veremos as " Lobeiras de terra e de fora" e se temos sorte algun que outro xogeton arroas.

No porto de de Pedras Negras colleremos o paseo de madeira que nos levara ata a

Batería J-1 Puerto Cuaces, hoxe denominada CTM Puerto Cuaces , se queres saber mais :http://www.outono.net/elentir/2010/04/26/bateria-j-1-de-el-grove/

Unha vez superada a zona militar toparemonos cos señais do sendeiro PRG116 denominada " Ruta do Con Negro"


que nos acompañaran ata a praia de Castiñeiras. Logo buscaremos unha subida a

" Punta Pateiro" miradoiro privilexiado da entrada a Ria de Arousa protexida pola illa de Salvora. Continuaremos a procura dun novo sendeiro siñalizado , o PRG 115


Onde pasaremos preto da "Lagoa Bodeira" refuxo de patos e outras anatidas.








Xa nos queda tan so un paseiño polas pista do interior cara os coches para voltar a casiña co 1º sendeiro do ano rematado.












12 ene 2013

NOVO ANO - NOVA ETAPA
 
 
  Comeza un novo ano e por conseguinte unha nova xeira dos Andarins.
Despois de  abandonar o blog durante o 2012 quero comprometerme a tentar
de por , alomenos,unha foto semanal e coma xa van ala duas semanas a
 1ª publicacion sera dobre.
 
 
 
 

PASALES DE PORTAMUIÑOS

Preto de Pontevedra existen lugares fermosos e decoñecidos

NA CAMPA DAS OVELLAS


Os Andarins  agardan no collado namentres o guia busca o camiño de baixada cara o val