Unha das teimas da nosa asociacion e compartir os nosos coñecementos
sobre a fauna e a flora de Galicia . O longo do tempo imos
recopilando datos sobre distintas especies eelaborando pequenos
traballos como que compartimos aqui .
AMFIBIOS DO VAL DO GAFOS I
28 feb 2014
18 feb 2014
ACTIVIDADE FEBREIRO
DE
MOAÑA A BUEU
23/02/2014
Saida:
As 9:00h dende o pavillon dos deportes.
Dificultade:
Media/baixa.
Material
necesario: Comida ,auga,botas,bastons , etc.
Prazo
para anotarse: Ata o dia 21/02/14 as 22:30h
Actividade:
Iniciaremos a camiñada en Moaña o borde do mar buscando a
desembocadura do rio da fraga ou dos ladrons.
O
Rio ira pouco a pouco metendonos nunha fermosa fraga chea de fermosos
rincons e de agradables sorpresas.
No
alto da fraga toparemos coa zona deportiva do Beque onde toparemos as
indicacions do sendeiro de gran recorrido GR59 " Eco ruta do
Morrazo" e seguiremos po la senda marcada na procura do
Mitico "Paralaia" mirador por excelencia das terras de
Moaña.
Dende
ali continuaremos ata a "Cruz de Hermelo" e logo
baixaremos ata a capela do San Cosme onde rematara a nosa aventura.
19 ene 2014
EXPLORANDO ROTEIROS
LACTARIUS VELLEREUS
RÁ PATILONGA
ESTA E UNHA PEQUENA MOSTRA DQUE SE PODE OBSERVAR NAS NOSAS CAMIÑADAS
Observacion de Juan, Amancio e C@rlos preparando un roteiro por Silleda
17 ene 2014
ADVERTENCIA
Atención,
Atención
Departe
da autoridade incompetente, faise saber :
Que
polos camiños, rúas, corredoiras, pistas forestais e polos montes
que son de todos nos, estanse a ver unhas xentes un pouco raras,
fanse chamar Andarins do val do lerez visten roupa de cores, levan
botas nos pes e unhas polainas de plástico, “nin que as
corredoiras estivesen cheas de bostas” Tamén levan varas de
ferro,”din que e para axudarse o andaren”. Si,si, fiádevos
deles, as varas que todos nos temos son
de cana, ou de avelaneira, o ferro fende de mais as
cabezas levan un bolso o lombo, e chuchan dun tubo de goma,“disque
e para bebela auga que levan”¡Tende moito coidado con eles! Si os
atopades marcharen as carreiras para casa, gardade os animais, tapade
ben as froiteiras, e atrancade as portas e ventas, unha vez un veciño
por confiado non quixo tapa las froiteiras, tan so lle botou incha
morros, e papáronlle toda a froita. Fozan nas
pozas, plantas, fungos, animais todo lles vale, ¡Tende moito coidado
que son ruíns e perigosos! Unha vez víronnos facendo fotos a unha
ponte de pedra, e aínda hoxe os veciños teñen que dar unha volta
moi grande por que lle desapareceu a ponte.“Tende moito coidado son
mala xente”
Prestade
atención, e tede os ouvidos atentos, xa que nese grupo algunhas das
mulleres que ai van fan barullo dabondo e por sorte escóitanse ao
lonxe.
asinado:
Autoridade
DE SANTUARIOS E CAEDOIROS
DE
SANTUARIOS E CAEDOIROS
26/01/2014
Boas
Andarins . Imos comenzar unha nova tempada de andainas camiñando
polo concello de Silleda na procura de de dous dos seus santuarios
mais coñecidos e dunha da mais fermosas paraxes da Galiza.
Pola
maña percorreremos a senda da Saleta e pola tarde visitaremos
Carboeiro e a fervenza do toxa.
SENDA
DA SALETA
Sendeiro
de curto percorrido de dificultade media-baixa. Ten unha distancia de
13 km. no trazado máis longo. Este circuíto circular pódese
realizar en catro horas con descansos.
Combina
camiños asfaltados, calzadas empredadas, camiños rurais e vías
pecuarias.
A
flora e a fauna é abundante e rica en especies autóctonas.
O
patrimonio artístico vén xalonado de igrexas, pazos, casas grandes
e capelas, que constitúen unha fermosa reliquia do pasado nas terras
de Trasdeza. De interese destacar que transcorre sobre un tramo do
Camiño Mozárabe (Vía da Prata) pero en sentido inverso, é dicir,
dende Silleda ata a Ponte de Taboada.
SILLEDA
- TRASFONTAO - TABOADA - TABOADA VELLA - CAMPORRAPADO - COVAS - A
SALETA (SIADOR) - Silleda.
Parte
de Silleda, da Praza de Igrexa, seguindo en sentido invertido, o
Camiño Real (Vía da Prata) cara ao lugar de Trasfontao, onde se
destacan: a calzada, o pazo e a carballeira; e de aí a área de
descanso do peregrino, en Taboada. Seguindo en dirección oposta
continúa ata o lugar de Taboada Vella, e xusto diante do Portal da
Casa de Turismo Rural “A Posta da Prata”, continuaríamos cara a
dereita deixando a nosa conexión co Camiño de Santiago. Neste
punto, antes de empreder novamente o sendeiro, aconséllase baixar
ata o río para admirar a beleza do conxunto formado pola calzada e a
ponte do S. X coa inscrición da súa construción gravada nunha
rocha.
Feito
este descanso cultural, retrocederíamos ao portón da casa rural,
para continuar pola esquerda, collendo unha pista e logo outra vez á
esquerda para baixar ao r ío Deza e remontalo nun fermoso paseo
fluvial ata chegar ao lugar de Camporrado, famoso por ser terra de
persoeiros ilustres e lugar de celebrada feira ata o S. XVIII cunha
esbelta capela.
A
continuación proseguimos ata o lugar de Covas, con Casa de Turismo
Rural, e de
aí,
pasando por entre carballeiras ata o Santuario da Saleta en Siador
onde remata a camiñada, para admirar toda a súa contorna.
A súa diversidade botánica, aproveitada polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo para a súa farmacopea, e un bosque atlántico marabillosamente conservado con especies de tipo mediterráneo, conceden a este lugar características de único, incomparable e unha das máis impoñentes imaxes da nosa comunidade pola singular beleza. Se a auga é vida, as fervenzas son a ledicia de vivir.
MOSTEIRO DE
CARBOEIRO
Como
obra arquitectónica do románico de transición a un gótico
serodio, constitúe un dos monumentos máis característicos da arte
medieval galega, influenciado polas manifestacións artísticas
compostelanas, en concreto polo estilo que o Mestre Mateo desenvolveu
na catedral de Santiago .
Mais informacion:
FERVENZA
DO TOXA
Fermoso espectáculo
de auga, luz e son, formado por unha cascada de auga do río Toxa na
parroquia de Pazos, considerada a máis alta de Galicia en caída
libre.
Constitúe un espazo de alto
valor paisaxístico que forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza e
participa no proxecto europeo Rede Natura 2000 como Lugar de
Importancia Comunitaria.
A súa diversidade botánica, aproveitada polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo para a súa farmacopea, e un bosque atlántico marabillosamente conservado con especies de tipo mediterráneo, conceden a este lugar características de único, incomparable e unha das máis impoñentes imaxes da nosa comunidade pola singular beleza. Se a auga é vida, as fervenzas son a ledicia de vivir.
SAIDA:As
8:30H dende o pavillon dos deportes de Pontevedra.
DIFICULTADE:
Media-baixa.
MATERIAL
NECESARIO: Comida po dia, auga,botas ,bastons,roupa de abrigo,etc.
CUSTE:
Para gasto de desprazamento 5€.
ANOTARSE
ATA O DIA 24/01/14 AS 22:30 NO CORREO
andarinsdovaldolerez@gmail.com
ou no tlfo 620448068
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





