DE
SANTUARIOS E CAEDOIROS
26/01/2014
Boas
Andarins . Imos comenzar unha nova tempada de andainas camiñando
polo concello de Silleda na procura de de dous dos seus santuarios
mais coñecidos e dunha da mais fermosas paraxes da Galiza.
Pola
maña percorreremos a senda da Saleta e pola tarde visitaremos
Carboeiro e a fervenza do toxa.
SENDA
DA SALETA
Sendeiro
de curto percorrido de dificultade media-baixa. Ten unha distancia de
13 km. no trazado máis longo. Este circuíto circular pódese
realizar en catro horas con descansos.
Combina
camiños asfaltados, calzadas empredadas, camiños rurais e vías
pecuarias.
A
flora e a fauna é abundante e rica en especies autóctonas.
O
patrimonio artístico vén xalonado de igrexas, pazos, casas grandes
e capelas, que constitúen unha fermosa reliquia do pasado nas terras
de Trasdeza. De interese destacar que transcorre sobre un tramo do
Camiño Mozárabe (Vía da Prata) pero en sentido inverso, é dicir,
dende Silleda ata a Ponte de Taboada.
SILLEDA
- TRASFONTAO - TABOADA - TABOADA VELLA - CAMPORRAPADO - COVAS - A
SALETA (SIADOR) - Silleda.
Parte
de Silleda, da Praza de Igrexa, seguindo en sentido invertido, o
Camiño Real (Vía da Prata) cara ao lugar de Trasfontao, onde se
destacan: a calzada, o pazo e a carballeira; e de aí a área de
descanso do peregrino, en Taboada. Seguindo en dirección oposta
continúa ata o lugar de Taboada Vella, e xusto diante do Portal da
Casa de Turismo Rural “A Posta da Prata”, continuaríamos cara a
dereita deixando a nosa conexión co Camiño de Santiago. Neste
punto, antes de empreder novamente o sendeiro, aconséllase baixar
ata o río para admirar a beleza do conxunto formado pola calzada e a
ponte do S. X coa inscrición da súa construción gravada nunha
rocha.
Feito
este descanso cultural, retrocederíamos ao portón da casa rural,
para continuar pola esquerda, collendo unha pista e logo outra vez á
esquerda para baixar ao r ío Deza e remontalo nun fermoso paseo
fluvial ata chegar ao lugar de Camporrado, famoso por ser terra de
persoeiros ilustres e lugar de celebrada feira ata o S. XVIII cunha
esbelta capela.
A
continuación proseguimos ata o lugar de Covas, con Casa de Turismo
Rural, e de
aí,
pasando por entre carballeiras ata o Santuario da Saleta en Siador
onde remata a camiñada, para admirar toda a súa contorna.
A súa diversidade botánica, aproveitada polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo para a súa farmacopea, e un bosque atlántico marabillosamente conservado con especies de tipo mediterráneo, conceden a este lugar características de único, incomparable e unha das máis impoñentes imaxes da nosa comunidade pola singular beleza. Se a auga é vida, as fervenzas son a ledicia de vivir.
MOSTEIRO DE
CARBOEIRO
Como
obra arquitectónica do románico de transición a un gótico
serodio, constitúe un dos monumentos máis característicos da arte
medieval galega, influenciado polas manifestacións artísticas
compostelanas, en concreto polo estilo que o Mestre Mateo desenvolveu
na catedral de Santiago .
Mais informacion:

FERVENZA
DO TOXA
Fermoso espectáculo
de auga, luz e son, formado por unha cascada de auga do río Toxa na
parroquia de Pazos, considerada a máis alta de Galicia en caída
libre.
Constitúe un espazo de alto
valor paisaxístico que forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza e
participa no proxecto europeo Rede Natura 2000 como Lugar de
Importancia Comunitaria.
A súa diversidade botánica, aproveitada polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo para a súa farmacopea, e un bosque atlántico marabillosamente conservado con especies de tipo mediterráneo, conceden a este lugar características de único, incomparable e unha das máis impoñentes imaxes da nosa comunidade pola singular beleza. Se a auga é vida, as fervenzas son a ledicia de vivir.
SAIDA:As
8:30H dende o pavillon dos deportes de Pontevedra.
DIFICULTADE:
Media-baixa.
MATERIAL
NECESARIO: Comida po dia, auga,botas ,bastons,roupa de abrigo,etc.
CUSTE:
Para gasto de desprazamento 5€.
ANOTARSE
ATA O DIA 24/01/14 AS 22:30 NO CORREO
andarinsdovaldolerez@gmail.com
ou no tlfo 620448068
No hay comentarios:
Publicar un comentario