RASTROS E PEGADAS
Non sempre que saímos ao campo é posible ver os animais que imos
buscando, pero si nos fixamos ben por onde imos, solemos atopar
indicios que nos indican que por eses lugares pasan eses animais. As
pistas están en forma de pegadas, excrementos, restos de comida,
comedeiros, sendas por fincas de herba, fozadas na terra, tobos,
incluso algunha vez algúns restos óseos.
Todos estes rastros son de gran valor para as persoas que gozamos coa
natureza, pois grazas a elas, podemos saber que zonas son
interesantes para poder observar certos animais, xa que moitos ocupan
unha extensión grande de terreo que marcan e vixían con frecuencia,
co cal temos a oportunidade, nalgún momento, de chegar a velos en
liberdade.
Pegadas: podemos atopalas de diferentes formas e tamaños,
coma facer moldes con
escaiola, e na casa con calma comprobar en internet, xa que hai
bastante xente que comparte información para a identificación, pois
non é tan doado como aparece nalgunhas guías, nin as pegadas son
tan perfectas como aí as representan xa que dependendo do lugar onde
se atopen quedan dun xeito ou doutro. Con gañas e un pouco de
paciencia podemos chegar a facermos cunha xeitosa información
.
Plumas:
Acontece o mesmo que coas pegadas. Botando unha ollada
aos sitios axeitados podemos recoller plumas caídas que pouco
aportan á natureza e son de fácil conservación. Cada ave ten
diferentes tipos de plumas e diferentes debuxos nas mesmas. Tamén
poden variar segundo sexan das ás, da cola ou do peito. O mesmo
acontece en moitas das especies en que existen diferenzas entre o
macho e a femia. A maioría proceden das mudas que fan de forma
natural, outras lles caen nas pelexas. Incluso cando un ave morre
podemos facernos con algunha.


Outros non, simplemente quedan onde cadre que estea nese momento.
Os excrementos de cada especie teñen unha forma diferente, por
exemplo nos herbívoros teñen formas máis redondeadas podendo verse
restos de herba. Os dos carnívoros soen ser máis longos e rematados
nunha punta. No caso dos roedores son de forma cilíndrica e tamén
poden aparecer restos de insectos neles.
Restos de comida:
Unha pista do posible paso de animais son os
restos de sementes, froitos, herbas ou bulbos arrancados da terra.
Cando pasamos preto de froiteiras é posible atopar algún froito no
chan mordido ou peteirado. O primeiro que nos preguntarnos é se esas
marcas que quedan no froito son dun paxaro, un roedor ou outro
animal. Hai que ter en conta que un paxaro non deixa marcas de
dentes. Os paxaros sacan bocados peteirando a froita deixando como si
fosen pequenos buratos, mentres que os roedores soen deixar uns
sucos estreitos onde se aprecian as marcas deixadas polos dentes.
Cando pasemos onde hai nogueiras, castiñeiros, abeleiras, carballos,
ou plantacións de millo e centeo é moi posible que atopemos restos
de froitos mordidos.

Tamén atoparemos rastros na natureza que son moi desagradables. Referímonos ás pistas deixadas polas persoas. Non atoparemos un sitio na natureza, por escondido que estea, sen eses residuos, ou dito doutro xeito sen lixo.
O ideal é que apenas se note o noso paso polo entorno natural. Se te
moves con respecto na natureza, vas
ser un elemento máis da mesma na
que te poderás integrar e fundir, e seguro que só con ese respecto
extremo o libro da vida que te rodea irase abrindo e te deixará
compartir os seu secretos mellor gardados.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro da
Asociación Andaríns do Val do Lérez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario