Levamos tempo sen camiñar e ergemonos cedo con ganas de aventura . Primeiro toca devorar o almorzo que nos prepara Marcial no albergue para ir co bandullo cheo a negociar as interminables revoltas da estrada de Campa da braña a Piornedo e de ali ata o Porto de Ancares ; punto de partida da nosa excursion .
Xa no porto calzamos as botas, collemos as mochilas e imos cara o alto polo camiño que sae dende a esquina sur do aparcadoiro para en poucos minutos coroar o primer alto do dia ( Traspuerto)
Continuamos subindo cara o pico Veneros e topamonos cos primeiros Rebecos que subian cando a nos polas abas do circo glacial do Cuiña , impresionante cabeceira do val de Ancares que da nome a toda zona.
Rupicapra rupicapra

Tocaba facer unha paradiña para abrigarse un pouco e coller folgos para subir a ladeira do pico que resolvemos en pouco mais de 25 minutos e que nos tiña gardada unha sorpresiña a medio camiño.
O noso explorador avanzado levanta a vista e descobre ,pousado nun cantil, un boitre leonado que se deixa fotografar un rato e logo fainos unha exivicion de planeo para desparecer no horizonte.
Gyps fulvus
cara a golada do Pena longa camiñando entre matogueiras baixo a atenta mirada dun grupo de cabra montesa .
Capra pyrenaica
O ceo ameaza con mollarnos e paramos a decidir se continuamos ou non. Un kit kat e abresen as nubes e asoma lorenzo polo que seguimos camiño mentres unha manada de cabalos pace tenquilamente un pouco mais abaixo.

Imos cara o norte da Pena e a neboa atrapanos no seu manto de algodon e perdemonos un pouquiño.
0 minutos de busca e aparece un carreiro entre o mato que nos leva ata a Mallada do Mostallar
onde paramos a disfrutar dos ricos arandos e da conversa con duas parexas que veñen do Mustallar.
A xente ten fame e eu inda non polo que decido seguir ata a Cabana dos Extremeños aunha 1/2 horiña para comer ali un pouco mais abaixo protexidos do vento fresquiño dos cumios.
Bos taurus
Despois de comer e descansar un pouco continuamos camiño pola pista que nos leva ata Piornedo coas rapazas devorando amoras das silveiras e os "naturalistas" buscando frores e bechos .
Paseniñamente achegamonos a Piornedo e imos a cantina a pola recompensa do dia , unha cervexa fresquiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario