Por tercer ano consecutivo os Andarins desprazamonos ata ali para participar no evento organizado polo clube "Peña Furada"
O sabado saimos pola tarde cara o pobo asturiano de "Valdepares" donde chegamos sobre as 20:00h e instalamonos no fermoso camping "Agrandella".
Dende ali acercamonos camiñando ata "Cabo Blanco" para ver a atardecer sobre a rasa costeira e a bravo cantabrico traballando na escultura dos cantis.
Xa de volta no camping ,compartimos cea e charla.
Domingo tocou levantarse cedo e ir ata Navia para coller o bus que nos levou ata o inicio da marcha na praia de Barayo
Despois da foto de familia comezamos a camiñar xunto cos outros 1000 e pico participantes formando
unha serpe de cores que se despraza paseniñamente festoneando a beira dos mais fermosos cantis da costa

Despoi do descanso e un par de rampiñas sorpresa ( so para os novos) por fin atopamos co motivo de que tanta xente estivera camiñando por ali. Atopamos os da organizacion esperandonos cunha sangria deliciosa que nos deu forza para continuar ata a cercana praia de Navia fin da ruta.
Pra rematar baile e baño na praia . Despedimonos dos amigos asturianos prometendo voltar para a proxima edición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario