14 nov 2010

AS CORES DO OUTONO

CURSIÑO DE FOTOGRAFIA DE OUTONO.




Saida as 10:00h dende a estacion de autobuses.
Lugar: Viascon.

Duracion: sobre 5h ( non e un erro, a velocidade nesa zona esta limitada e controlada por radar baixo pena de cuantiosas multas para arreglar a crise)

Material necesario: Camara de fotos( vale calquera ) , Tripode( se tedes),Pequeno caderno, Boligrafo( o color e igual ), bolsa de basura grande ( imprescindible)

bocata e auga (moi recomendable), botas, polainas,etc.



Actividade: Tratase de un pequeno percorrido por terras de Viascon nunha zona donde podemos ver dende muiños ata cogumelos, arbores,prados,etc co gallo de aprender a sacarlle mais partido as nosas fotos aprendendo sobre o terreo tecnicas e trucos xinselos o mesmo tempo que disfrutamos dun dia no campo.






Custo : 2€  Mais info en  andarinsdovaldolerez@gmail.com

3 oct 2010

OUTONO NOS ANCARES

Unha vez mais chegamos os Ancares de noite, no albergue agardanos Marcial que nos da a benvida e indicanos os nosos cuartos. Cervexa , cafe , parola e a durmir que maña toca madrugar.
Dia 25. Almorzamos cedo e saimos cara a nosa aventura de hoxe : conquistar o cume do Penarubia.
O dia empeza a despertar entre nevoa  e imos cara a Cabana Vella , o outono escomenza a mudar os colores do bosque e a nevoa dalle un toque de misterio.
O chegar o fondo do bosque a nevoa empeñase en refrescarnos ,subimos ata a golada da vara e de ali ata Campa de Brego.
A nevoa da paso a chuvia menuda e refuxiamonos na cabana pra decidir que facer.
Decidimos voltar a golada e ir cara a Campa das
Ovellas e baixar pola pista . O chegar a Campa de Ortigoso o dia escomenza a clarear pero so se trata dun pequeno respiro, semella que alguen xoga con nos a mollarnos e secarnos para voltar a mollarnos.


Baixamos ata o albergue e sentamos a xantar nas mesas do exterior ata que a chuvia fainos correr para adentro.


Pola tarde imos ata Piornedo e despois de visitar unha das pallozas  imos cara a ruta dos muiños
que comenza por tras do museo e levanos polo
val do rio da veiga cimera .O sendeiro e de pequeno percorrido e faise nuhas 2horas cun percorrido circular .
A chuvia segue a fastidiarnos o dia polo que despois dunha cervexa na cantina voltamos para o albergue onde nos espera unha saborosa cea.







Dia 26 espertamos cun dia luminoso e totalmente despexado e despois de almorzar e recoller, despedimonos de Marcial e partimos nos coches cara o porto de Ancares donde comenzara a aventura do dia: Acadar o cume do estremo norte da cordal, o Miravalles.

Subimos o miradoiro e despois de facer unha foto de familia e unha panoramica do noso oxectivo comenzamos a camiñar pola linea de cumes seguindo a senda ven definida . O chegar a unha paquena explanada nun collado ,donde se ve unha lagoiña a esquerda, deixamos a cordal e baixamos pola ladeira da dereita cara unha predreira pisando a primeira xiada do ano ( que gusto pisar a terra xeada e escoitala  debaixo das botas) . O camiño e sinxelo agas un par de pasiños nun pequeno resalte rochoso que e preciso destrepar.
                                                                            
No camiño conocemos a unha parella de burgaleses que comparten a ascension con nos.
Chegamos o collado do Miravalles e sacamos as camaras e a comida , un pequeno descanso e un bocado para recuperar forzas e despois dunha foto cos nosos novos amigos comenzamos a subir o ultimo repecho cara o cumio.
No cumio da o sol e non fai nada de vento,
perfecto para xantar en boa compaña disfrutando do fermoso paisaxe.



So nos queda voltar polo mesmo camiño os coches  e despois dunha paradiña no bar de Pedro en campa da Braña voltar a Pontevedra.

5 sept 2010

SETEMBRO NOS ANCARES

Os diás 25 e 26 de setembro do 2010 os Andarins gozaran dunha nova aventura nos Ancares.
TRES BISPOS DENDE O CAMIÑO
Nesta ocasion o noso oxectivo e acadar os cumes
dos picos que ocupan os dous extremos da cordal.

O primer dia ocuparemonos do Pena Rubia que pecha a cordal polo sur  cos seus 1821m de altitude.
Sairemos do albergue para subir pola ruta do tres Bispos cara a campa de Brego e dende ali subir o pico para logo voltar polo fermoso bosque de Cabana Vella.
O PENA  RUBIA ASOMA POR RIBA DA CORDAL
O segundo dia iremos cara o Porto de Ancares
para atacar o pico que pecha a cordal polo
norte no limite con Leon e Asturias.
O pico Miravalles ten 1961m cunha expectacular ascension que resulta moi asequible a todo aquel que este acostumado a camiñar por montaña.
PICO MIRAVALLES O FONDO

26 ago 2010

NAVEGANDO POLO MIÑO

O proximo domingo dia 29 de agosto do 2010 os Andarins imos navegar polo pai Miño .
Sairemos de Pontevedra as 8:30h para viaxar ata o encoro
de Belesar


Embarcaremos no pantalán do pobo de Belesar as 11:00
Navegaremos polo domeado Miño descubrindo a beleza
de esta zona vitivinícola e pasaremos por Portotide camiño de
“O CABO DO MUNDO”, espectacular meandr
Pasaremos pola “PRAIA DA COVA” coa sua fascinante paisaxe lugar de lecer no vran e de maduración das uvas mencía y godello,
variedades dos afamados  caldos da zona.
Continuaremos a senda fuvial serpenteando polos plácidos recunchos do rio para obsevar a fauna do rio e as misteriosas
aldeas que colgan as suas antigas pedras sobre o Miño.

Seguindo augass abaixo, pasando pola “ILLA DE SERNANDE” e o  “PENEDO DO GARABULLO”, lchegaremos a " FERVENZA DA AUGACAÍDA” , donde disporemos de tempo para bañarnos nas cálidas augas do remanso do peixe.
Navegando por paraxes enormemente suxerentes
contaremos fermosas leendas, chegaremos o ¨CASTRO Do CASTELO DE MARCE”,
 lugar cheo de misterio.
Este lugar foi a morada das “xacias-os”, seres mitolóxicos acuáticos, con forma humana, moraban nos pozos mais profundos do río Miño.


Pola tarde completaremos o  viaxe  xantando nunha praia fluvial e visitando algun dos paraxes mais fermosos da zona.

15 ago 2010

ESCALANDO NO PARAISO

                                  

Nunha maña soleada e cunha agradabel brisiña con sabor a mar  achegamonos ata as rochas de Donon  para disfrutar da natureza e do deporte escalando nas espectaculares paredes do lugar.
                                                                                              
Despois de tres dias de teoria e practica no rocodromo da Xunqueira tocaba rematar o cursiño de "Ponteveran" demostrando os coñecementos no medio natural  coas iilas Cies no horizonte e un mar turquesa os nosos pes.