1 ene 2010
21 dic 2009
ADEUS 2009
DESPEDIDA DO 2009
Acabase o 2009 e a mellor forma de despedilo e camiñando todos xuntos unha vez
mais.
A proposta dos Andarins e a seguinte
Data : 27 DE NADAL DO 2009
Lugar de encontro: Estación de bus de Pontevedra
Saída: As 10h.
Dificultade:Baixa.
Distancia: +/- 16Km.
Ruta: Sairemos da praia de Pontesampaio para comenzar cunha visita o ponte e as
ruelas do nucleo antigo. Continuaremos polo trazado do PRG48 desviandonos para
ver un animal mitico do que quedan poucos exemplares ( so se pode ver o borde
dalgunhas estradas da peninsula iberica). Logo baixaremos o pe do a Ullo para ver os
seus muiños e a marisma ( se temos sorte veremos patos,garzas,garcetas ). Toca un
pouquiño de asfalto para ir ata a canteira da Lapa coa sua lagoa . Dende ali
seguiremos as marcas do sendeiro da "Pedra de Miranda" que agocha boas vistas da
ria de Vigo e algunha sorpresa. O baixar conectaremos co trazado do camiño
Portugues que nos acompañara ata chegar o Alcouce donde podemos beber a auga
dunha das fontes do rio dos Gafos. Por camiños (algun asfaltado) iremos o encontro
do rio que nos aconpañara ata a mellor vila do mundo onde rematara a nosa
aventura,a derradeira deste ano que esta esmorecendo.
O rematar iremos ata o " local dos Andarins" para brindar por un novo ano cheo de
proxectos e camiños.
11 dic 2009
ALOXAMENTOS
No apartado de "ALOXAMENTOS PROBADOS" tes enlaces a paxinas sitios donde merece a pena pasar uns dias-
Como indica o nome da seccion, xa foron probados con resultado satisfactorio ( bo trato,bo precio )
Esta ordeado por lugares e seguirei añadindo sitios despois de probalos.
Como indica o nome da seccion, xa foron probados con resultado satisfactorio ( bo trato,bo precio )
Esta ordeado por lugares e seguirei añadindo sitios despois de probalos.
9 dic 2009
VIII EDICCION DO ROTEIRO SARMIENTO
Saúdos, amig@s. Un ano máis, a Asociación Cultural e Ecoloxista VERBO XIDO de Terra de Montes convídavos a participar no "Roteiro Sarmento de Cerdedo".
.
Na presente edición guiaremos os participantes nunha viaxe á prehistoria da comarca. O roteiro a pé comezará no xacemento denominado Cruceiro de Antas (Calcolítico: +/- 4.000 anos de antigüidade), localizado no linde das freguesías de Figueiroa e Tomonde. Dende alí ascenderemos até o Outeiro dos Corvos/Campo dos Cans (necrópole tumularia. Neolítico: +/- 5.000 anos de antigüidade), xacemento xa consignado no "Glosario de voces galegas" de Martiño Sarmento. Cara ao norte, sobre a estrema dos concellos de Cerdedo e Forcarei, visitaremos a Eira dos Mouros, as mámoas do monte da Vilalén-Tomonde e os nomeados "Santos" da Porteliña (pedrafitas de cachote). O roteiro rematará unha vez cheguemos á aldea de Tomonde.
.
O roteiro celebrarase o vindeiro domingo, día 13 de decembro. Vémonos na praza da igrexa de Cerdedo a iso das 10'00 h da mañá. Alí decidiremos a mellor maneira de organizar o desprazamento en carro até o punto de partida, segundo a dispoñibilidade de cadaquén.
Complemento á información do "VIIIº Roteiro Sarmiento".
Ao rematar, ás 3 da tarde, está previsto un farturento cocido no lugar de Cachafeiro (Forcarei), a quince minutos en auto do lugar onde finalizaremos o Roteiro. Prezo 15 €, todo incluído.
Para apuntarse, escribir un correo a verboxido@yahoo..es, ou chamar aos telefonos 986-753412/630031605.
¡Animádevos!
"Verbo Xido".

26 nov 2009
AS CORES DO OUTONO
AS CORES DO OUTONO
O outono xa chegou e imos aproveitar todo o seu esplendor para saír o monte e disfrutar de dúas das nosas afeccións favoritas.
1ª – Por suposto a nosa afección principal e camiñar polo que imos facer un fermoso percorrido por terras de Viascon.
2ª – A fotografía de todo o que se nos poña por diante : Paisaxes,muíños, plantas,arbores,bechos,etc.
A actividade proposta e un cursiño practico de fotografía no entorno natural para que todos podamos sacar mais partido as fotos que facemos nas nosas excursións.
Data: 29 de novembro do 2009
Saída: As 9:30h dende a estación de autobuses. Voltaremos sobre as 14.00h
Dificultade:Moi baixa.
Distancia: +/- 5km.
Custo: 1€
Roteiro: O lugar elixido e Viascon e mais concretamente o entorno dos rios
Cabanelas e rio da Bouza.
Iniciaremos a camiñada en Casa Manolo pasando pola casa do Gaiteiro iremos cara o Rio da Bouza seguindo o trazado da “Ruta das Coutadas”. Cruzaremos o rio polas pasarelas e logo a dereita para ir o encontro das marcas do ruta “A Vía Escondida”.
Polo camiño teremos oportunidade de observar e fotografar cogomelos,muíños,arbores, prados, etc
Actividade: Tratase de que todos aprendamos a sacarlle mais partido as nosas cámaras e os nosos paseos polo monte, polo que o ritmo será un pouco mais lento do habitual. Polo camiño, os fotógrafos de “Homo ludens” irannos ensinando como tratar cada tema ( Prantas,paisaxes,construcións,cogomelos, etc)
22 dic 2008
Ruta das almiñas
18 dic 2008
dDESPEDIDA DO ANO
O vaise acabando e gostarianos despedilo dun xeito distinto .
Como non podia ser doutra maneira, despediremolo camiñando.
A proposta e difrutar dunha ruta de 10km no concello de Pontecaldelas que se chama:
Ruta das Almiñas e do Foxo do Lobo.
A ruta ten comenzo e final na igrexa de Caritel e permite coñecer interesantes elementos da cultura popular , coma un peto de animas , varios pasais ou poldras, algun muiño e un foxo do lobo.
A saida sera as 10h da maña do domingo dia 21 /12/08 dende a estacion de autobuses.
Material necesario: Bocata, Chuvasqueiro, camara de fotos e ganas de pasar un bo rato en boa compaña.
Se te animas a despedir o ano con nos non dudes en anotarte no tlfo 620 44 80 68

Suscribirse a:
Entradas (Atom)