19 ene 2014

EXPLORANDO ROTEIROS


                                                            LACTARIUS VELLEREUS



                                                

                                                                  RÁ PATILONGA





ESTA E UNHA PEQUENA MOSTRA DQUE SE PODE OBSERVAR NAS NOSAS CAMIÑADAS
              Observacion de  Juan, Amancio e C@rlos preparando un roteiro por Silleda



17 ene 2014

ADVERTENCIA





Atención, Atención
Departe da autoridade incompetente, faise saber :
Que polos camiños, rúas, corredoiras, pistas forestais e polos montes que son de todos nos, estanse a ver unhas xentes un pouco raras, fanse chamar Andarins do val do lerez visten roupa de cores, levan botas nos pes e unhas polainas de plástico, “nin que as corredoiras estivesen cheas de bostas” Tamén levan varas de ferro,”din que e para axudarse o andaren”. Si,si, fiádevos deles, as varas que todos nos temos son de cana, ou de avelaneira, o ferro fende de mais as cabezas levan un bolso o lombo, e chuchan dun tubo de goma,“disque e para bebela auga que levan”¡Tende moito coidado con eles! Si os atopades marcharen as carreiras para casa, gardade os animais, tapade ben as froiteiras, e atrancade as portas e ventas, unha vez un veciño por confiado non quixo tapa las froiteiras, tan so lle botou incha morros, e papáronlle toda a froita. Fozan nas pozas, plantas, fungos, animais todo lles vale, ¡Tende moito coidado que son ruíns e perigosos! Unha vez víronnos facendo fotos a unha ponte de pedra, e aínda hoxe os veciños teñen que dar unha volta moi grande por que lle desapareceu a ponte.“Tende moito coidado son mala xente”
Prestade atención, e tede os ouvidos atentos, xa que nese grupo algunhas das mulleres que ai van fan barullo dabondo e por sorte escóitanse ao lonxe.

asinado:
Autoridade

DE SANTUARIOS E CAEDOIROS

DE SANTUARIOS E CAEDOIROS
26/01/2014

Boas Andarins . Imos comenzar unha nova tempada de andainas camiñando polo concello de Silleda na procura de de dous dos seus santuarios mais coñecidos e dunha da mais fermosas paraxes da Galiza.

Pola maña percorreremos a senda da Saleta e pola tarde visitaremos Carboeiro e a fervenza do toxa.

                                                     SENDA DA SALETA

Sendeiro de curto percorrido de dificultade media-baixa. Ten unha distancia de 13 km. no trazado máis longo. Este circuíto circular pódese realizar en catro horas con descansos.
Combina camiños asfaltados, calzadas empredadas, camiños rurais e vías pecuarias.
A flora e a fauna é abundante e rica en especies autóctonas.
O patrimonio artístico vén xalonado de igrexas, pazos, casas grandes e capelas, que constitúen unha fermosa reliquia do pasado nas terras de Trasdeza. De interese destacar que transcorre sobre un tramo do Camiño Mozárabe (Vía da Prata) pero en sentido inverso, é dicir, dende Silleda ata a Ponte de Taboada.
SILLEDA - TRASFONTAO - TABOADA - TABOADA VELLA - CAMPORRAPADO - COVAS - A SALETA (SIADOR) - Silleda.

Parte de Silleda, da Praza de Igrexa, seguindo en sentido invertido, o Camiño Real (Vía da Prata) cara ao lugar de Trasfontao, onde se destacan: a calzada, o pazo e a carballeira; e de aí a área de descanso do peregrino, en Taboada. Seguindo en dirección oposta continúa ata o lugar de Taboada Vella, e xusto diante do Portal da Casa de Turismo Rural “A Posta da Prata”, continuaríamos cara a dereita deixando a nosa conexión co Camiño de Santiago. Neste punto, antes de empreder novamente o sendeiro, aconséllase baixar ata o río para admirar a beleza do conxunto formado pola calzada e a ponte do S. X coa inscrición da súa construción gravada nunha rocha.

Feito este descanso cultural, retrocederíamos ao portón da casa rural, para continuar pola esquerda, collendo unha pista e logo outra vez á esquerda para baixar ao r ío Deza e remontalo nun fermoso paseo fluvial ata chegar ao lugar de Camporrado, famoso por ser terra de persoeiros ilustres e lugar de celebrada feira ata o S. XVIII cunha esbelta capela.

A continuación proseguimos ata o lugar de Covas, con Casa de Turismo Rural, e de
aí, pasando por entre carballeiras ata o Santuario da Saleta en Siador onde remata a camiñada, para admirar toda a súa contorna. 

MOSTEIRO DE CARBOEIRO
Como obra arquitectónica do románico de transición a un gótico serodio, constitúe un dos monumentos máis característicos da arte medieval galega, influenciado polas manifestacións artísticas compostelanas, en concreto polo estilo que o Mestre Mateo desenvolveu na catedral de Santiago .



 Mais informacion:



 




 

                                        
FERVENZA DO TOXA

Fermoso espectáculo de auga, luz e son, formado por unha cascada de auga do río Toxa na parroquia de Pazos, considerada a máis alta de Galicia en caída libre.
Constitúe un espazo de alto valor paisaxístico que forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza e participa no proxecto europeo Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria.
A súa diversidade botánica, aproveitada polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo para a súa farmacopea, e un bosque atlántico marabillosamente conservado con especies de tipo mediterráneo, conceden a este lugar características de único, incomparable e unha das máis impoñentes imaxes da nosa comunidade pola singular beleza. Se a auga é vida, as fervenzas son a ledicia de vivir.








SAIDA:As 8:30H dende o pavillon dos deportes de Pontevedra.
DIFICULTADE: Media-baixa.
MATERIAL NECESARIO: Comida po dia, auga,botas ,bastons,roupa de abrigo,etc.
CUSTE: Para gasto de desprazamento 5€.
ANOTARSE ATA O DIA 24/01/14 AS 22:30 NO CORREO andarinsdovaldolerez@gmail.com ou no tlfo 620448068